Novas

O ecosistema de I+G+I reforza a colaboración transfronteiriza coa visita dunha delegación do International Iberian Nanotechnology Laboratory

08/10/2026

  • Esta visita estreita a colaboración entre Galicia e o Norte de Portugal no ámbito da I+D+i e consolida a relación co INL de Braga, que en 2025 xa acolleu na súa sede a unha delegación do sistema galego de investigación
  • A xornada reúne o equipo do INL con persoal investigador e xestor das universidades galegas, dos centros e institutos de investigación universitarios e do CSIC, así como de centros tecnolóxicos e do CESGA e están previstas 90 reunións bilaterais

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2026.- A I+G+i recibe hoxe en Santiago de Compostela a unha delegación de preto de 30 investigadores e investigadoras do International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL) co obxectivo de fortalecer a alianza entre Galicia e o Norte de Portugal no ámbito da investigació ...

A Xunta apoia o novo equipamento científico do centro tecnolóxico Cetim para mellorar a competitividade industrial

07/10/2026

  • Este equipamento está orientado especialmente á reciclaxe, á valorización de subprodutos e á sustentabilidade industrial
  • Actualmente, Cetim está construíndo un novo edificio en Arteixo que incluirá nove laboratorios de investigación e acollerá esta dotación, tamén co apoio da convocatoria de fortalecemento de centros tecnolóxicos da Consellería

Culleredo, 7 de outubro de 2026.- A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP apoia o novo equipamento científico do centro tecnolóxico Cetim, infraestruturas que servirán para a mellora do tecido industrial galego. Así o lembrou a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, que participou esta mañá na xornada A transformación da industria cara á economía circular e a dixitalización, organi …

A Xunta forma a persoal investigador en transferencia do coñecemento para maximizar o impacto da I+G+i

02/10/2026

  • Este curso enmárcase no programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, que leva unha década formando a profesionais para que a ciencia chegue á sociedade
  • A formación gratuíta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vai dirixida a persoal investigador de centros de coñecemento galegos e a xestores da I+D+i
  • Galicia é a comunidade autónoma que conta con máis profesionais da transferencia acreditados co recoñecemento internacional Registered Technology Transfer Professionals (RTTP)

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2026.- A Xunta ofrece formación a investigadores de centros de coñecemento galegos e a xestores da I+D+i para impulsar a conexión entre ciencia e sociedade. A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, deu a benvida est …

Galicia participa na Feira Biospain 2026 para reforzar a unión de ciencia e industria e atraer investimento

29/09/2026

  • A delegación galega, conformada por entidades públicas e privadas, universidade e a Xunta, presenta en Bilbao as capacidades dun ecosistema que conecta ciencia, empresa, saúde, tecnoloxía e sectores produtivos
  • A nova Estratexia da Biotecnoloxía de Galicia 2026-2030 mobilizará máis de 800 millóns de euros para impulsar a transferencia de coñecemento, o escalado empresarial, o investimento e a internacionalización

Bilbao, 29 de setembro de 2026.- Galicia está presente na Feira Biospain 2026, que se celebra en Bilbao ata este xoves, co obxectivo de reforzar o traballo conxunto de ciencia e industria e atraer investimento e novos proxectos. A directora da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Carmen Cotelo, participou onte pol …

A Xunta reúnese con concellos e outros axentes do ecosistema galego de I+D+i para definir o Plan Local de I+D+i

25/09/2026

  • A sesión de hoxe pecha unha rolda de reunións nas catro provincias galegas co obxectivo de construír dun xeito colaborativo este documento marco que permitirá aos entes locais identificar desafíos concretos e articular solucións innovadoras adaptadas ás súas necesidades

A Coruña, 25 de setembro de 2026.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, abriu hoxe no IES Eusebio da Guarda da Coruña a última mesa de traballo para a elaboración do Plan Local de I+D+i na que participaron unha trintena de representantes dos concellos e da I+G+i (empresas, universidades, centros tecnolóxicos, centros de investigación…). O impulso á innovación local é unha prioridade estratéxica para Galicia, recollida como unha novidade e unha iniciativa de alto impacto no Plan …

Xunta, concellos e outros axentes do ecosistema de I+G+i colaboran na definición dun marco común que impulse a innovación no eido local

22/09/2026

  • O Plan Local de I+D+i, que incluirá información sobre modelos de gobernanza, instrumentos de innovación, casos de éxito, fontes de financiamento e modelos de plans, servirá de referencia para que cada concello poida adaptalo á súa realidade
  • Concellos, universidades, centros tecnolóxicos, empresas, cidadanía e administración participan na identificación dos retos e a cocreación de solucións innovadoras adaptadas ao territorio

Pontevedra, 22 de setembro de 2026.- A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a través da Axencia Galega de Innovación, iniciou hoxe en Pontevedra unha rolda de mesas de traballo nas distintas provincias para elaborar dun xeito participativo o Plan Local de I+D+i. O impulso á innovación local é unha prioridad …

Galicia lidera as solicitudes presentadas en Europa para participar en proxectos de I+D+I interrexionais

18/09/2026

  • A nosa Comunidade é a que máis propostas presentou á alianza europea Vanguard Initiative, un total de 19, seguida de Gales, con 18, e o Norte de Portugal, con 14
  • Logo da fase europea, os organismos de investigación e empresas de Galicia que lideran os proxectos con outras rexións poden presentarse á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, dotada con 1 M€
  • Nesta edición priorizaranse eidos como a biotecnoloxía ou as tecnoloxías renovables mariñas, apostando pola sostibilidade e a protección do medio ambiente e o prazo de presentación das iniciativas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro
  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, coñeceu hoxe en Nigrán un proxecto de I+D+i interrexional do sector espacial liderado por Kreios Space, unha das i …

A Xunta enxalza o labor da comunidade científica galega na presentación da Noite das persoas investigadoras

18/09/2026

  • Máis de 150 actividades de divulgación científica encherán as rúas das sete cidades galegas no serán do venres 25 de setembro
  • A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP apoia este evento, que ten por obxectivo achegar a ciencia á sociedade e poñer en valor o labor do persoal investigador

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2026.- A directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, Carmen Cotelo, participou esta mañá no Museo de Historia Natural da USC na rolda de prensa de presentación da Noite das persoas investigadoras en Galicia. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP apoia un ano máis esta cita que acollerá máis de 150 actividades de divulgación científica nas sete cidades galegas o vindeiro venres 25 de setembr …

Un consorcio de empresas galegas innova na xestión dos recursos forestais co apoio da Xunta de Galicia

16/09/2026

  • O proxecto CUBia, no que participan as empresas Asefor, Finsa, Fortop e Geomático está apoiado pola convocatoria Nexos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e cofinanciado con fondos europeos Feder
  • Propón un sistema innovador de cubicación (medición) forestal baseado en captura de datos mediante sensores avanzados aerotransportados e terrestres procesados con IA para mellorar a competitividade da industria da madeira e a sustentabilidade
  • Tamén investigará a aplicabilidade da cuántica á predición forestal, co apoio do Instituto Tecnológico de Galicia e da Universidade de Vigo

As Pontes de García Rodríguez, 16 de setembro de 2026.- Un consorcio de empresas galegas traballa nun proxecto innovador que mellorará a xestión dos recursos forestais co apoi …

Máis de 40 investigadores participan na sesión formativa para optar ás axudas do Consello Europeo de Investigación

15/09/2026

  • A Xunta e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) celebraron hoxe en Santiago o ERC Proposal Reading Day para orientar ao persoal investigador sobre as candidaturas ás axudas europeas máis prestixiosas
  • Nesta sesión, os científicos leron e consultaron propostas de proxectos gañadores en convocatorias anteriores, que lles poden servir de base para as súas
  • Galicia conta na actualidade con 47 científicos gañadores de axudas ERC que desenvolven 59 proxectos en centros de investigación galegos
  • Destes 47, 28 están contratados como investigadores distinguidos ao abeiro do Programa Oportunius da Xunta

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026.- Galicia acolleu hoxe o ERC Proposal Reading Day, unha sesión dirixida a investigadores interesados en o …

2 3 4 5 199