Programa de apoio ao Deseño – DIFERENZA

O Programa de apoio ao Deseño – DIFERENZA é a aposta polo deseño como ferramenta de transformación económica e social en Galicia.

Os principais obxectivos do programa son:

  • Construción sólida dun ecosistema galego de deseño no que se impulse a colaboración entre os diferentes axentes para buscar sinerxías que contribúan á transformación económica e social de Galicia.
  • Mellora do posicionamento do deseño galego no contorno estatal e europeo e iniciativas de recoñecemento.
  • Incorporación dos valores da New European Bauhaus nas políticas públicas.

O programa DIFERENZA dálle continuidade ao Programa de Deseño para a Innovación Empresarial 2020, promovido pola Xunta desde 2018, e ao Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024, que impulsaron a participación en proxectos europeos e o desenvolvemento de encontros, exposicións e publicacións sobre o tema, entre outras actuacións.

Contacto

Área de Talento e Transferencia da Axencia Galega de Innovación