Novas

Galicia celebra en decembro o primeiro Congreso Nacional de Innovación Local

07/09/2026

  • A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP organiza este encontro para o intercambio de experiencias e boas prácticas entre as administracións locais de toda España, co obxectivo de impulsar a innovación no eido municipal
  • Convocará tamén o Premio á Innovación Local, para recoñecer iniciativas innovadoras municipais, que se entregará durante a celebración do congreso
  • A finais de setembro celebraranse nas catro provincias galegas as primeiras sesións de traballo para a elaboración do Plan local de I+D+i
  • Este conxunto de actuacións enmárcanse na aposta da Xunta de Galicia pola innovación local, unha das novidades do Plan galego de Investigación e Innovación 2025-2027, identificada como iniciativa de alto impacto

Santiago de Compostela, 7 de setembro d …

Galicia expón en Canarias o seu modelo de éxito en compra pública innovadora e I+D+i local

03/09/2026

  • O impulso á innovación desde a contratación pública e a innovación local xogan un papel destacado no actual Plan galego de I+D+i 2025-2027, que as identifica como iniciativas de alto impacto

Santa Cruz de Tenerife, 3 de setembro de 2026.- A directora da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Carmen Cotelo, participou esta tarde na sesión “Innovación Pública de Proximidad: cómo llevar la cultura de la innovación a lo local. El caso de Galicia” no marco do encontro “Gobernar el futuro. Innovación Pública, transformación territorial y sostenibilidad frente a los desafíos complejos” organizado polo Goberno de Canarias. A directora da axencia autonómica expuxo a experiencia da nosa Comunidade no emprego da Compra Públ …

A Xunta apoia un proxecto innovador en medicamentos personalizados a través de impresión 3D

02/09/2026

  • FABRX AI é unha das 15 beneficiarias da última convocatoria da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e FP de doutoramentos Industriais, cunha axuda de 135.000€ para un proxecto en colaboración coa Universidade de Santiago (USC)
  • Grazas a esta axuda, o investigador Daniel Grandal realizará a súa tese doutoral nesta empresa, especializada en tecnoloxías de impresión 3D aplicadas ao ámbito farmacéutico
  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, destacou que esta compañía é un exemplo da capacidade de transformar o coñecemento científico en tecnoloxía con aplicación ao mercado
  • A Consellería destina máis de 2,5 M€ nesta convocatoria de 2026 á contratación de 15 doutorandos: 12 desenvolverán a súa tese en empresas e tres en centros d …

A Xunta financia un proxecto para dixitalizar todo o ciclo produtivo do viño e mellorar a eficiencia a través dun xemelgo dixital dunha adega

19/08/2026

  • A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP financia o 60% da iniciativa Vitecgal, liderada pola Cooperativa Vitivinícola Arousana (Adega Paco&Lola), mediante o programa Nexos
  • Neste proxecto tamén participan Inelsa Electricidad S.L., Alia Technologies S.L., centros de investigación galegos e colaboradores franceses e portugueses
  • Román Rodríguez asegurou que se trata dun exemplo da calidade e do nivel da nosa I+G+I, “que contribúe á transformación dixital do sector vitivinícola galego”

Meaño (Pontevedra), 19 de agosto de 2026.- A Xunta financia a través do programa Nexos un proxecto de I+D+i para dixitalizar a trazabilidade do viño, creando unha contorna tecnolóxica avanzada que abranga todo o ciclo produtivo, desde o cultivo da uva ata a chegada do vià ...

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026

  • O conselleiro de Ciencia asegura que esta iniciativa para avanzar cara un modelo máis sostible e competitivo “é un exemplo da nosa I+G+i de calidade”
  • A Xunta financia con 760.000€ este proxecto a través do programa Nexos, que permite establecer sinerxías e colaboracións entre empresas, universidades, centros tecnolóxicos e administración
  • Neste proxecto Civitas, liderado por Viña Costeira, participan Ecocelta Galicia S.L., Fauna Útil e Soltec, ademais das tres universidades galegas e a spin-off Glecex

Ribadavia (Ourense), 17 de agosto de 2026.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, destacou hoxe o esforzo innovador da cooperativa Viña Costeira para crear, desde Ribadavia, un modelo pioneiro de viticultura rexenerativa e dixital. ...

A Xunta destaca no congreso Invisibles 2026 a aposta da I+G+i polo talento científico

10/08/2026

  • A Xunta de Galicia apoia este encontro no marco da súa estratexia de captación e retención de talento investigador en Galicia
  • O programa Oportunius, creado no 2014 para atraer, reter e favorecer o retorno de investigadores excelentes, permitiu pasar de 7 a 57 proxectos con axudas do Consello Europeo de Investigación, liderados por 45 investigadores excelentes

A Coruña, 10 de agosto de 2026.- A directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, Carmen Cotelo, destacou a aposta da I+G+i polo talento científico esta mañá na apertura do congreso Invisibles 2026, que reúne na Coruña a 200 científicos de todo o mundo ao redor da física. A Xunta de Galicia apoia este encontro, cuxa conferencia inaugural correu a cargo do Premio Nóbel de Física 2015 Takaaki Kajita, ...

A Xunta apoia un proxecto innovador liderado pola empresa culinaria para garantir a seguridade alimentaria mediante intelixencia artificial

05/08/2026

  • A iniciativa está impulsada por un consorcio de catro empresas, dúas delas da comarca do Deza, e a través dela búscase predicir e controlar os riscos microbioanos na alimentación
  • O conselleiro de Ciencia destaca a colaboración entre pemes e centros tecnolóxicos e de investigación para reforzar a competitividade e o crecemento da economía galega, do que o proxecto FoodMicrobIA “é un bo exemplo”
  • Benefícianse dunha axuda do programa Nexos, de apoio á I+G+i galega, ao abeiro do cal se están a desenvolver 37 iniciativas coa participación de 138 empresas e un investimento de 22,6 M€ ata 2028

Silleda, 5 de agosto de 2026.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, visitou hoxe en Silleda a empresa do sector da ali …

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 M€

04/08/2026

  • Do total de científicos nas distintas etapas, 150 desenvolverán o seu traballo nas tres universidades galegas e 22 noutros organismos
  • Incorpóranse ao sistema 151 investigadores predoutorais e posdoutorais do total de beneficiarios e 21 continúan, con financiamento para tres anos máis

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2026.- A Xunta financia a contratación de 172 investigadores predoutorais e posdoutorais nas universidades públicas galegas e noutros organismos con máis de 30 M€. En concreto son 102 investigadores na etapa inicial da carreira investigadora, que desenvolverán o seu labor durante catro anos cunha achega por parte da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP de 12,3 M€. En canto aos investigadores posdoutorais, o Goberno galego destina 18,4 …

Román Rodríguez destaca a excelencia dos tres novos investigadores que se unen a centros galegos grazas ao programa Oportunius

03/08/2026

  • Coa incorporación destes tres científicos, xa son 28 os contratados pola Xunta no marco desta iniciativa
  • O conselleiro de Ciencia agradeceulles nunha recepción oficial que elixan Galicia para facer investigación de alto nivel e destacou que son un piar para a I+G+i

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2026.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, destacou a excelencia dos tres novos investigadores que continuarán a súa traxectoria en centros galegos grazas ao programa Oportunius. Marco Armiero é o novo contratado Oportunius no Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) na Universidade de Santiago (USC), César Cabrera incorpórase ao Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) na USC ...

A Xunta abre a convocatoria para rescatar proxectos de empresas innovadoras que quedaron sen financiamento estatal

30/07/2026

  • Son axudas de ata 325.000 € para iniciativas galegas que quedaron fóra do programa nacional por insuficiencia de crédito, co obxectivo de facelas viables
  • O Goberno galego destina un total de 2,6 M€ e as empresas interesadas teñen de prazo para presentar a súa solicitude desde o día 7 de agosto ata o 30 de setembro
  • As subvencións autonómicas cubrirán os plans de negocio das startups ata 2028 en ámbitos prioritarios como a biotecnoloxía, a IA ou as tecnoloxías cuánticas

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2026.- A Xunta abre a convocatoria do Programa de recuperación de excelencia Neotec para rescatar proxectos innovadores excelentes de empresas galegas que foron seleccionados na última convocatoria estatal pero que finalmente quedaron fóra por falta de crédito. ...

1 3 4 5 6 199