Benvida

Dende a Axencia Galega de Innovación (GAIN) estamos firmemente comprometidos coa transformación do noso modelo económico cara unha economía competitiva e sustentable, baseada no coñecemento e no talento, que acelere o crecemento económico e impulse o emprego e o benestar social.

Por iso, nos marcamos como principais retos captar e reter o talento innovador e incrementar a competitividade das nosas pemes a través da innovación.

Dispoñemos en Galicia dun capital humano altamente cualificado, coñecemento excelente nas nosas universidades e centros de investigación, uns centros tecnolóxicos que son chave na dinamización do I+D+i empresarial e na transferencia de tecnoloxía ao mercado e empresas cada vez máis convencidas de que a innovación pode ser o motor da súa sustentabilidade futura.

Sumando todas estas potencialidades e traballando xuntos seremos capaces de afianzar o noso camiño cara unha Galicia máis moderna, sustentable e competitiva.

Agardamos que esta web sexa de utilidade como escaparate das iniciativas, plans e axudas que promovemos dende a Axencia, pero tamén como canle de comunicación a través da que achegar as túas consultas e suxerencias. A tal fin, na sección Contacto podes atopar un correo electrónico ao que dirixirte así como as redes sociais nas que estamos presentes (Twitter, Facebook, Linkedin e Vimeo).

Patricia Argerey Vilar, directora da Axencia Galega de Innovación.