Aquí podes acceder aos Plans galegos de I+D+i anteriores:
RIS3 Galicia 2014-2020:
A RIS3 de Galicia foi a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia, que estableceu as prioridades de investimento en I+D+i da Xunta para o periodo 2014-2020. Esta folla de ruta das políticas de innovación da nosa comunidade foi froito da esixencia da Comisión Europea a todas as rexións europeas de definir as súas prioridades de gasto en I+D+i para este periodo e dun proceso participativo no que interviron os principais axentes do Sistema Galego de Innovación coordinados pola Axencia Galega de Innovación (GAIN).
A RIS3 estableceu tres retos que marcaron a especialización intelixente en Galicia no periodo 2014-2020:
Máis información:
RIS3T Galicia – Norte de Portugal 2015-2020:
A Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (RIS3T) foi a primeira RIS transfronteiriza da UE.
O seu obxectivo era dinamizar a participación da Eurorrexión nas convocatorias europeas de cooperación interterritorial e constituír o marco para poñer en marcha accións e proxectos coordinados capaces de competir con maior éxito na captación de financiamento procedente do Programa Horizonte 2020.
A elaboración desta estratexia estivo coordinada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDRN) e nela participaron máis de 200 empresas e centros de coñecemento de ambas rexións.