Axudas

Nesta sección recóllense as liñas de axuda da Axencia Galega de Innovación (Gain), organizadas por ano de convocatoria. Inclúense non só as subvencións a fondo perdido, senón calquera outro tipo de apoio.

Coa programación FEDER 2021-2027 está planificada a convocatoria, por parte de Gain, de varias liñas de axudas no período 2022-2027 contando coa cofinanciación de fondos europeos FEDER. Cada axuda concreta está detallada na sección correspondente ao ano da súa convocatoria, neste mapa pódese consultar de xeito centralizado o calendario de convocatoria destas axudas xunto co obxecto das mesmas, os beneficiarios aos que van dirixidas e a súa finalidade (pdf).

Outra información de interese

Co obxectivo de pór a disposición dos beneficiarios información e ferramentas para unha xestión máis áxil e eficiente das axudas, achéganse, a continuación, modelos de emprego dos logotipos para facer mención ao apoio da Axencia Galega de Innovación, tanto se está cofinanciada con fondos FEDER como se non.

Por outra banda, inclúese unha guía de publicidade FEDER na que se expoñen as obrigas a nivel de comunicación das entidades e proxectos beneficiarios de axudas, así como un enlace ao manual de identidade corporativa de Xunta e do Xacobeo e os novos logotipos da Axencia para a súa descarga.

Por último, inclúese unha guía de deducións e incentivos fiscais á I+D+i con información sobre estes apoios á investigación, o desenvolvemento e a innovación a nivel estatal e autonómico, co obxectivo de potenciar o seu aproveitamento por parte dos axentes do Sistema galego de innovación e contribuír a que estes datos se reflictan nas enquisas sobre I+D+i.