Nodo Rede PIDI

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) forma parte activa da Rede de Puntos de Información sobre Investigación, Desenvolvemento e Innovación (Red PIDI), unha iniciativa pública coordinada polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI).

A Rede PIDI está formada por entidades especializadas na promoción da innovación distribuidas por todo o territorio nacional. O seu obxectivo é facilitar o acceso ós programas de axudas públicas, xa sexan de ámbito rexional, nacional, europeo ou internacional, que mellor se adapten ás necesidades de cada proxecto.

A través desta rede, GAIN ofrece ós axentes galegos de I+D+i un servizo público e gratuíto de orientación sobre financiamento de I+D+i. O obxectivo é conectar as capacidades do ecosistema galego coas distintas axudas e liñas de financiamento público dispoñibles.

Máis Información e Asesoramento

Se desexas analizar as opcións de financiamento público que mellor se adaptan á túa proposta e realizar consultas podes acceder a este servizo a través da páxina web oficial da Rede PIDI: https://www.redpidi.es/Publica/home/index.html