O impacto dos investigadores do programa Oportunius da Xunta alcanza os 123 M€
07/07/2026
- Román Rodríguez destaca na presentación dun informe sobre este programa que é un factor decisivo “para reter e incorporar líderes científicos de primeiro nivel”
- Desde o seu inicio, a captación de axudas europeas e o retorno obtido por este programa de I+G+i multiplica en máis de cinco os 21,4 M€ investidos pola Xunta
- Na actualidade este programa apoia en Galicia a 45 investigadores que gañaron axudas ERC e que decidiron desenvolver a súa carreira na nosa Comunidade
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2026.- O programa Oportunius da Xunta de Galicia xerou un impacto económico de 123 M€ no ecosistema científico da nosa Comunidade grazas á atracción e retención de talento investigador para os centros de I+G+i e á proxección dos seus proxectos a escala naciona …


