A Estratexia de Consolidación do sector Biotecnolóxico de Galicia é o compromiso decidido da Xunta de Galicia por afianzar as accións de impulso e fortalecer as bases para afrontar con garantías os próximos cinco anos 2021-2025. Galicia pretende así situarse estratexicamente en posicións de liderado nunha das áreas con maior proxección económica, científico-tecnolóxica e social durante a próxima década.
A través da Estratexia Galega de Impulso á Biotecnoloxía 2016-2020, Galicia sentou as bases para a súa configuración como polo biotecnolóxico, o que lle permitiu gañar en competitividade a nivel internacional e atraer empresas e investidores. A biotecnoloxía ten ademais a capacidade de actuar como panca estratéxica de crecemento económico e benestar social, posicionando deste modo a Galicia coma un referente en transferencia de coñecemento e emprendemento.
Documentación e ligazóns
Máis información