A Axencia Galega de Innovación impulsa un grupo focal para identificar necesidades e oportunidades da I+D+i en saúde dixital en Galicia no marco do proxecto europeo BRITE-EU
16/06/2026
- A iniciativa reunirá representantes da investigación, empresa, sistema sanitario e administración para analizar os retos e oportunidades do ecosistema galego de saúde dixital
A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración co Clúster Saúde de Galicia e a Universidade de Alcalá, organiza un grupo focal no marco do proxecto europeo BRITE-EU (Boosting R&I Talent Interoperability and Employability in Europe), unha iniciativa financiada polo programa Horizon Europe orientada a reforzar o talento, a empregabilidade e a colaboración en investigación e innovación (I+D+i) no ámbito da saúde dixital.
A actividade celebrarase o vindeiro 2 de xullo de 2026, ás 10:00 horas, en formato online, e reunirá representantes do ecosistema galego de innovación e saúde dixital co obx …


