Nesta sección inclúese información sobre as actividades da Axencia no ámbito europeo, incluíndo redes e tamén os proxectos europeos actuais e pasados nos que participa a propia Axencia Galega de Innovación (GAIN).
“Consolidación da transición tecnolóxica naval mediante o fomento de vocación, consolidación de capacitación tecnolóxica e micro-innovación” é un proxecto europeo que xurde co propósito de capitalizar e consolidar os beneficios de “Manufactur 4.0” para o tecido empresarial do sector naval. Está financiado polo FEDER no marco do Programa POCTEP 2014-2020.
Neste proxecto GAIN é o beneficiario principal. Os outros socios son a Asociación Cluster Naval Gallego (ACLUNAGA) e o Centro de Apoio Tecnológico à Indústria Metalomecânica (CATIM). O proxecto iniciouse o 8 de marzo do 2023 e rematará o 30 de xuño do 2023.
O obxectivo deste proxecto é a consolidación da transición tecnolóxica naval mediante o fomento da vocación, a consolidación da capacitación tecnolóxica e a micro – innovación. Para acadar tales obxectivos se desenvolverán as seguintes accións:
A Enterprise Europe Network é unha rede de apoio ao tecido científico-empresarial de Europa creada en 2008. Os servizos están deseñados pensando especialmente nas pemes, pero tamén se dirixen a outras empresas, centros tecnolóxicos e universidades. GAIN participa nesta rede a través de Galactea-Plus, consorcio que dá cobertura ao noroeste de España.
Transferir tecnoloxías galegas ao ámbito europeo, difundir oportunidades tecnolóxicas europeas e apoiar ás entidades galegas para a súa participación en programas europeos de I+D+i.
Podes consultar información detallada sobre esta actividade nesta ligazón e acceder aquí a todos os boletíns EEN dispoñibles.
A Rede Europea de Rexións pola Investigación e Innovación céntrase en fortalecer as capacidades rexionais en I+D+i mediante o intercambio de experiencias, o desenvolvemento de proxectos europeos e traballando estreitamente coas institucións europeas e outras redes e organizacións relevantes. Galicia é membro de ERRIN a través de GAIN.
Incrementar as capacidades de Galicia en I+D+i e a súa visibilidade ante a Comisión e outras rexións europeas en materia de Innovación.
Agrupación de rexións que impulsa o crecemento socioeconómico mediante a innovación empresarial e industrial. Tomando como base as RIS, promove a cooperación entre ecosistemas rexionais de innovación, construíndo sinerxias e traballo en rede. Galicia é membro da Vanguard Initiative a través de GAIN.
Incrementar as oportunidades de participación dos axentes galegos de innovación en novos procesos de I+D+i en colaboración con entidades doutras rexións europeas.
O proxecto HIBA impulsa un ecosistema Plurirrexional centrado na dixitalización do sector agroalimentario de España e Portugal a partir da creación dunha rede de Digital Innovation Hubs (DIH) que fomente a iniciativa, a competitividade e a sostenibilidade empresarial, propiciando a reactivación económica post-Covid19.
Mellorar a capacidade e sustentabilidade empresarial do sector agroalimentario a través da dixitalización, xerando a competitividade e o desenvolvemento das PEMEs, a promoción do emprendemento e o impulso da creación de novas empresas.
Administracións de ambos países, asociacións profesionais e centros de coñecemento traballarán para intensificar as relacións entre os centros de investigación e as empresas do sector involucrado e buscarán xerar un efecto incentivador da implantación das Tecnoloxías 4.0 nun sector estratéxico para a Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.
Acelerar a implantación de solucións tecnolóxicas punteiras que respondan aos grandes desafíos que supón avanzar cara a Industria 4.0 na Eurorrexión. MAINGAP toma como punto de partida o sector da automoción e o sector aeronáutico e favorecerá a hibridación sectorial e tecnolóxica.
Consiste no intercambio de experiencias en mecanismos de seguimento, indicadores e metodoloxías dirixidas á mellora na execución das políticas e instrumentos no ámbito da RIS3 Rexional entre rexións.
Desenvolver e implantar plans de acción destinados a mellora económica, social e ambiental entre as rexións implicadas.
Desde xaneiro do 2017 ata decembro 2021, a Axencia Galega de Innovación a través do CIS – Tecnoloxía e Deseño, participa, xunto a outros 7 socios europeos, no proxecto Design for Innovation financiado por Interreg Europe.
A través deste proxecto cada socio desenvolverá plans de acción de deseño para mellorar as políticas, que integren a innovación impulsada polo deseño para a competitividade das PEMES, nos programas operativos do FEDER dos oito países / rexións participantes.
Desenvolvemento de Plan de Aacción de Deseño para mellorar a competitividade das PEMES a través dun uso máis estratéxico do deseño como fonte de innovación.
Céntrase en explorar mecanismos que as administracións públicas pode utilizar para mellorar a comprensión da I+D responsable nas súas comunidades e animar ao tecido empresarial a aplicalo no deseño dos seus produtos e procesos.
Mellorar o coñecemento do concepto de I+D responsable e impulsar a introdución das súas metodoloxías.
Este proxecto integra 8 entidades de Reino Unido, Irlanda, Francia, Portugal e España, e involucrará a 200 PEMEs ao participar en 8 programas de apoio ao deseño. Ao analizar as necesidades do usuario, o deseño permítelle ás PEMEs desenvolver produtos e servizos máis desexables e rentables. O deseño é unha das 10 prioridades da Política de Innovación na UE.
O obxectivo é fortalecer a innovación na Área Atlántica transferindo modelos de programas de apoio ao deseño entre Axencias de Innovación. Beneficiaranse as Axencias de Innovación ao explotar as complementaridades na Área, e as PEMEs mediante programas de apoio ao deseño. Cada socio apoiará un mínimo de 25 PEMEs involucrando sempre ao usuario no desenvolvemento de concepto e na proba de prototipos.
Enmarcado na iniciativa comunitaria I4MS (Innovación para as PEMEs Industriais), o Proxecto ofrece a maior comunidade e mercado online de usuarios, empresas, centros de investigación e calquera outro tipo de axente involucrado na transformación dixital das PEMEs e das empresas de capital medio.
Reforzar a colaboración entre as distintas accións impulsadas e apoiadas pola iniciativa I4MS, incrementando así o seu impacto e o beneficio para as PEMEs e empresas industriais de capital medio.
Cunha combinación de servizos á medida, acceso a tecnoloxías e financiamento, o proxecto apoia empresas interesadas en impulsar accións de I+D+i baseadas nos principios da economía circular para innovar nos seus procesos produtivos, servizos e produtos.
Apoiar a mellora competitiva das PEMEs por medio de procesos de innovación e a introdución da economía circular desde a fase de deseño dos procesos.
Implementación das accións previstas no marco da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza (RIS3T) Galicia-Rexión Norte de Portugal.
Potenciar as capacidades das entidades participantes no proxecto, aproveitando as sinerxias da Eurorrexión e optimizando recursos públicos.
Plataforma Eurorexional Galicia-Norte de Portugal de fomento da competitividade no ámbito mariño-marítimo a través do impulso de empresas de base tecnolóxica.
Por en marcha unha rede transfonteriza para dinamizar a creación e consolidación de novas actividades empresariais intensivas en coñecemento no ámbito mariño-marítimo da Área de Cooperación Galicia-Norte de Portugal favorecendo a xeración de emprego e o incremento da competitividade empresarial.
Rede de Centros de Investigación para apoiar ás empresas da Eurorrexión na aplicación de solucións nanotecnolóxicas de valor engadido, para a definición de novos produtos e/ou servizos, susceptibles de explotación comercial, que ofrezan respostas efectivas ás debilidades detectadas na Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.
Transferir novas tecnoloxías baseadas na nanotecnoloxía e intensificar as relacións entre os centros de investigación e as empresas, facendo fincapé na transferencia das capacidades desenvolvidas nos Centros Tecnolóxicos e de Investigación ás empresas para o desenvolvemento de aplicacións na Eurorrexión.
Administracións de ambos países, asociacións profesionais e centros de coñecemento traballarán para intensificar as relacións entre os centros de investigación e as empresas do sector involucrado, e buscarán xerar un efecto incentivador da implantación das Tecnoloxías 4.0 nun sector estratéxico para a Euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.
Transferir de maneira efectiva á industria do sector Naval – Metalmecánico novas tecnoloxías de fabricación avanzada e baixo custo, como exemplos reais e medibles das melloras que a I+D+i poder achegar.
Proxecto de transferencia de coñecemento (acabados e recubrimentos) e de promoción da innovación no produto final da industria da madera, deseñado en base as demandas do sector e alinado coas necesidades da industria da madeira.
Promoción e financiamento de proxectos colaborativos de I+D entre os membros do consorcio.
Promover os resultados dos proxectos de I+D financiados no marco de NMP (Novos Materiais e Procesos) para facilitar a súa posta no mercado.
Colaboración transnacional na mellora de metodoloxías, mecanismos e prácticas que favorezan a transferencia de tecnoloxía.
Mellorar a capacidade innovadora das PEMEs mediante o impulso a novas medidas de apoio á Transferencia de Tecnoloxía.
Ampliar a carteira de solucións tecnolóxicas ás que as PEMES do sector do mar poden acceder.
Mellorar a competitividade e maila capacidade de innovación das PEMES do sector marítimo do Espacio Atlántico favorecendo os procesos de transferencia tecnolóxica sostible co medio ambiente.
Promover a seguridade marítima impulsando a capacidade innovadora da industria auxiliar do naval.
Promover o desenvolvemento de materiais máis seguros, novas estruturas para embarcacións e sistemas construtivos que melloren a resistencia e maila operatividade dos navíos en caso de accidentes.
Traballar sobre novas posibilidades e tecnoloxías que reduzan as emisións e contaminación das embarcacións actuais e a optimización da súa eficiencia enerxética.
Promover a redución de emisións das embarcacións marítimas e conseguir unha óptima eficiencia enerxética no sector.
Desenvolver as infraestruturas de investigación relacionadas co sector forestal coa creación dunha comunidade europea de recursos forestais.
Aportar valor engadido aos recursos e ferramentas existentes na investigación no sector forestal incluíndo a información xenética.
Proxecto de 12 socios europeos (industria naval, universidades, centros tecnolóxicos, etc.) que parte de investigacións previas dos socios en RBD e deseño de buques.
Incorporar os factores humanos e o Risk-Based Design ( RBD ) nos procesos de deseño de buques.
Creación dunha rede europea de divulgación científica de máis de 60 cidades para mellorar o diálogo entre ciencia, administración e sociedade.
Desenvolver plans de acción locais entre as Administracións locais e rexionais e as institucións de comunicación científica.
Explorar as novas posibilidades que ofrece a cooperación entre as distintas institucións implicadas nos procesos de transferencia na Eurorrexión.
Impulsar a transferencia de coñecemento entre a universidade e maila sociedade na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Promover redes de cooperación transfronteiriza entre Galicia e o norte de Portugal, mediante a creación de Centros de Información ás Mulleres.
Dotar ás zonas transfronteirizas de mellores recursos en materia de igualdade de forma coordinada para mellorar a situación das mulleres sobre todo na formación e o emprego.
Divulgación e promoción dos servizos intensivos de coñecemento no Espacio Atlántico.
Mellorar a transferencia de coñecemento, tecnoloxía e os procesos de innovación nas pemes a través da promoción e cooperación dos servicios Intensivos en Coñecemento.
Desenvolver unha axencia de Investigación unida á alimentación e actividade física para combater as enfermedades relacionadas coa dieta e sedentarismo.
Pechar a fenda entre axentes de I+D+i rexionais para combatir as doenzas relacionadas co sedentarismo e maila dieta inadecuada.
Promoción e financiamento de proxectos colaborativos de I+D entre os membros do consorcio.
Promoción de proxectos de I+D no marco dos Lead Markets (saúde, electrónica, texidos protectores, construción sostible, reciclaxe, biotecnoloxía e enerxías renovables).
Promoción e financiación de proxectos colaborativos de I+D entre os membros do consorcio.
Promoción de proxectos colaborativos de I+D, financiando especialmente a investigación básica de materiais e a súa aplicación industrial.
Promover as Cidades e Rexións de Europa con vocación de divulgación científica.
Impulsar a cooperación en materia de divulgación científico-tecnolóxica entre os principais axentes de investigación.
Estructuras conxuntas de apoio á innovación transfronteiriza entre Galicia e Norte de Portugal.
Creación e desenvolvemento de estruturas conxuntas entre Galicia e o Norte de Portugal para a promoción da innovación nos sectores naval, turismo e loxística.
Desenvolvemento de Políticas Públicas para impulsar a chegada ao mercado de produtos e servizos innovadores.
Explorar vías de intervención pública para a innovación, decisións de investimento e asistencia ás pemes.
Creación dunha rede cooperativa transfronteiriza para promover a innovación no sector alimentario.
Agregar a masa crítica que represente a innovación no sector alimentario na eurorrexión cun enfoque integrado da investigación e o desenvolvemento.
Desenvolvemento de políticas públicas que representen unha resposta ás demandas do mercado.
Creación dun marco de condicións apropiadas para estimular o investimento en I+D+i no ámbito da biotecnoloxía.
Promoción de redes rexionais e clusters europeos no marco da ecoinnovación.
Propoñer e deseñar novos instrumentos económicos e de financiamento para apoiar a Eco-innovación e os Eco-investimentos a nivel rexional das pemes.