O Programa Oportunius é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia, coa colaboración do Sistema Universitario Galego (SUG), o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e os organismos de investigación de Galicia (aos que o programa está aberto para a súa incorporación), para ofrecer condicións atractivas que permitan atraer e reter talento investigador de primeiro nivel.
O seu obxectivo é xerar oportunidades para persoal investigador excelente que queira desenvolver a súa carreira científica en Galicia reforzando as opcións de acceso e os beneficios asociados ás axudas do European Research Council – ERC.
O fin último é facilitar a estabilidade do mellor persoal investigador galego e atraer outro persoal científico excelente de fóra de Galicia.
O programa ofrece un itinerario deseñado á medida de tres perfís:
Ata abril de 2022 Oportunius facilitou:
O Programa Oportunius contempla o establecemento dun Consello Asesor formado por profesionais expertos de recoñecido prestixio e integrado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade; a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación –á que se adscribe a Axencia Galega de Innovación–; as tres universidades, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e o persoal investigador ERC para o traballo conxunto e aliñado co logro dos obxectivos do programa.
Máis información dispoñible no folleto do Programa Oportunius: