Termos de uso

1. Estas condicións xerais regulan o acceso e emprego deste sitio web que a AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN pon, con carácter informativo, a disposición dos usuarios para un uso persoal e gratuíto.

O acceso a e/ou uso deste sitio web atribúe a quen o realiza a condición de usuario, aceptando, dende ese mesmo momento, plenamente e sen reserva algunha, as presentes condicións xerais de uso do sitio web, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web, as cales entenderanse aceptadas polo propio uso de tales servizos.

A AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida no seu sitio web, da configuración e presentación deste e das condicións xerais de uso do sitio web.

2. O usuario comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e o orde público. Así mesmo, queda prohibido, o uso do sitio web con fins ilícitos ou lesivos contra a AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN ou calquera terceiro, ou que, de calquera maneira, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio web.
Os usuarios que accedan a este sitio web están expresamente autorizados para a visualización de toda a información, a impresión e descarga parcial do contido do sitio web só e exclusivamente se concorren as seguintes condicións:

  • Que sexa compatible cos fins do sitio web.
  • Que se realice co exclusivo ánimo de obter a información contida para uso persoal e privado. Prohíbese expresamente a súa utilización con fins comerciais ou para a súa distribución, comunicación pública, transformación ou procesamento.
  • Que ningún dos contidos relacionados neste sitio web sexan modificados de xeito algún.
  • Que ningún gráfico, icona ou imaxe dispoñible neste sitio web sexa utilizado, copiado ou distribuído separadamente do texto ou resto de imaxes que o acompañan.
  • Os dereitos de propiedade intelectual do sitio web http://gain.xunta.es, o seu deseño, estrutura de navegación, ordenación e presentación, bases de datos, código fonte e programación, texto, gráficos, logotipos, imaxes, e os distintos elementos nel contidos son titularidade de a AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN ou da persoa física ou xurídica que se informe, a quen corresponde o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación dos mesmos en calquera forma e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación.

A lexitimidade dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes aos contidos aportados por terceiros é da exclusiva responsabilidade dos mesmos.

Respecto ás citas de produtos e servizos de terceiros que, no seu caso poidan aparecer, a AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade industrial e intelectual.

4. O acceso a este sitio web e o uso que poda facerse da información contida no mesmo é da única e exclusiva responsabilidade do usuario.

A AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puideran derivarse de dito acceso ou uso da información.

A AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN non se fai responsable dos posibles erros de seguridade que se poidan producir nin dos posibles danos que poidan causarse ao sistema informático do usuario (hardware e software), os ficheiros ou documentos almacenados no mesmo, como consecuencia da presenza de virus no ordenador do usuario utilizado para a conexión aos servizos e contidos da web, dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.

5. A AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN non asume ningunha responsabilidade derivada da falta de veracidade, integridade, actualización e precisión dos datos ou información que se conteñen nas súas páxinas de Internet. Así mesmo non vincula á AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN os contidos, información e opinións manifestadas en informes e artigos que no seu caso poidan existir, sendo os mesmos facilitados unicamente a efectos informativos.

6. A AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN non asume responsabilidade algunha derivada dos contidos enlazados (enlaces ou vínculos) dende o sitio web a outros sitios web ou páxinas, sempre que sexan alleos á mesma, nin garante a ausencia de virus ou outros elementos neles mesmos que poidan producir alteracións no sistema informático (hardware e software), nos documentos ou os ficheiros do usuario, excluíndo calquera responsabilidade polos danos de calquera clase causados ó usuario por este motivo. En ningún caso se responsabiliza dos resultados que poidan derivarse ó usuario polo acceso a ditos enlaces. A finalidade dos mencionados enlaces ou vínculos é exclusivamente informativa, non supoñendo, en ningún caso, unha suxestión ou invitación ó usuario a visitar os sitios web de destino.

7. A AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN non garante a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso ó sitio web ou o seu contido, nin que este se atope sempre e en todos os casos actualizado. A AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN levará a cabo, sempre que non concorran causas que o fagan imposible ou de difícil execución, e tan pronto teña noticia dos erros, desconexións ou falla de actualización nos contidos, todas aquelas labores tendentes a emendar os errores, restablecer a comunicación ou actualizar os contidos.

8. A AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN reservase a facultade de efectuar unilateralmente, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, todas as modificacións e actualizacións da información contida no sitio web, da estrutura, deseño, configuración e presentación deste e de as condicións de acceso e/ou uso do mesmo.

9. Como consecuencia da necesidade de efectuar un rexistro previo para acceder a determinados contidos deste sitio web informámoslles que, ao completar o formulario, os seus datos persoais quedarán incorporados e serán tratados nun ficheiro da AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN co fin de poderlles prestar e ofrecer os nosos servizos.

A AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN pon a disposición dos usuarios o enderezo de correo electrónico gain@xunta.es ; o teléfono 981 541 099 e o enderezo Rúa Airas Nunes S/N, 15702 Santiago de Compostela, para que estes poidan exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos de carácter persoal, en cumprimento do disposto na normativa vixente respecto á protección de datos e, en particular, da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

10. A utilización non autorizada da información contida no sitio web, a súa revenda, así como a lesión dos dereitos de Propiedade Intelectual ou Industrial que poidan corresponder a AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas.

11. As presentes condicións xerais rexeranse e interpretaranse en todo caso de acordo coa lexislación española.

12. Todas aquelas cuestións que puideran suscitarse con motivo da interpretación, execución ou eventual incumprimento das presentes condicións xerais, os usuarios e a AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN e intervintes, con renuncia expresa ó seu foro propio, e con independencia do lugar onde se suscite calquera disputa entre os mesmos, sométense expresamente á xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.