A Enterprise Europe Network é unha iniciativa da Comisión Europea creada no 2008 para axudar ás pemes a ser máis competitivas mediante o desenvolvemento da súa capacidade innovadora e o acceso a novos mercados.
GAIN participa na EEN a través do consorcio EEN-GalacteaPlus formado por dez entidades de Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia.
A través da EEN ofrecemos servizos gratuítos, que van dende a resposta a unha dúbida sobre o ámbito de negocio europeo ata servizos de valor engadido, como o fomento da cooperación empresarial, a internacionalización ou o fomento da innovación mediante a transferencia de tecnoloxía e a participación en proxectos de I+D+i.
Se a túa empresa busca socios internacionais, a EEN é a túa rede. Conéctate con entidades de máis de 60 países, incluídos os da Unión Europea!
A EEN xera e difunde anualmente máis de 10.000 propostas de cooperación a través da súa base de datos de oportunidades de cooperación tecnolóxica e empresarial.
Para comezar a recibir periódicamente información sobre ofertas/demandas tecnolóxicas, búsquedas de socios para proxectos internacionais ou eventos B2B que se organizan no marco da EEN, simplemente debes poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico galactea.gain@xunta.gal ou do teléfono 981 33 71 46.
Se a túa empresa desenvolveu unha tecnoloxía, produto ou proceso e desexa atopar socios interesados nela, cumprimenta a ficha de Oferta tecnolóxica, remítenola e publicaremos a túa oferta na base de datos da EEN á maior brevidade posible.
Se a túa entidade identificou unha necesidade tecnolóxica ou quere atopar provedores tecnolóxicos, cumprimenta a ficha de Demanda tecnolóxica, remítenola e publicaremos a túa demanda na base de datos da EEN á maior brevidade posible.
Se estás preparando unha proposta para un programa europeo de I+D+i e necesitas incorporar socios con perfís concretos, cumprimenta a ficha de Búsquedas de socios, remítenola e publicaremos a túa búsqueda na base de datos da EEN á maior brevidade posible.
O CIS Tecnoloxía e Deseño elabora periodicamente un boletín con información sobre: convocatorias, noticias, eventos B2B e búsquedas de socios relacionadas con programas europeos de I+D+i. Se desexas recibir o boletín, por favor indícanolo enviándonos un correo a galactea.gain@xunta.gal.
Podes acceder a todos os Boletíns EEN que se difundiron a través desta ligazón
Todos os servizos ofrecidos pola Enterprise Europe Network son gratuitos.