Programa Ignicia - Transferencia de coñecemento

O impulso á transferencia de coñecemento como panca de procesos de innovación é un obxectivo prioritario para GAIN para o que contamos con instrumentos propios e tamén apoiamos iniciativas doutros axentes do Sistema Galego de Innovación. Ampliando a nosa acción para mellorar os procesos ligados á identificación, valorización e comercialización de resultados de investigación, a iniciativa IGNICIA integra un conxunto de actuacións que desenvolvemos cos seguintes obxectivos:

  • Monitorizar a situación e evolución do sistema de transferencia xerando información de soporte á definición de novas políticas, así como de instrumentos de fomento adaptados ás particularidades dos procesos de xeración de valor económico e social a partir da ciencia.
  • Financiar procesos de valorización e proporcionar coñecemento experto nas fases temperás da cadea de valor do laboratorio ao mercado, desenvolvendo instrumentos que cubran fases do proceso non atendidas por outros mecanismos de apoio.
  • Fortalecer as capacidades das estruturas de transferencia das institucións galegas, proporcionando adestramento e capacitación ao seu persoal de xestión, e contribuír á mellora da súa eficiencia a través de sistemas de traballo axeitados ás súas necesidades.
  • Contribuír ao desenvolvemento profesional do persoal investigador das entidades do Sistema Galego de I+D+i a través da mellora das súas competencias profesionais para a transferencia.
  • Promover a mellora do posicionamento internacional da ciencia e resultados científico-tecnolóxicos xerados en Galicia mediante a internacionalización do proceso de transferencia e a creación de networking.

Con este enfoque IGNICIA, en colaboración coa Fundación Barrié, desenvolve as seguintes accións:

  • Implementación de metodoloxías para a avaliación preliminar sobre potencial comercial de resultados de investigación.
  • Fondo de proba de concepto.
  • Programa de acreditación Registered Technology Transfer Professional para xestores de transferencia do Sistema Galego de Innovación.
  • Gradschool en Transferencia e Emprendemento para a formación de investigadores posdoutorais.
  • Informe sobre a situación da transferencia no Sistema Galego de Innovación 2011-2018.
  • Análise organizativa e funcional das estruturas de transferencia do Sistema Galego de Innovación.
  • Encontros de transferencia de tecnoloxía entre investigadores e empresas.