A Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (RIS3T) foi a primeira RIS3 transfronteiriza da UE e segue a ser un referente europeo na cooperación transfronteiriza en materia de I+D+I.
O seu obxectivo é dinamizar e cohesionar o ecosistema de innovación da Eurorrexión, para o que, entre outras medidas, pretende constituír o marco para pór en marcha accións e proxectos coordinados capaces de competir con maior éxito na captación de financiamento comunitario, especialmente procedente do Programa Horizonte Europa.
A elaboración desta estratexia estivo coordinada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR Norte) e nela participaron máis de 200 empresas e centros de coñecemento de ambas rexións.