Novas

Celeiro acolle a xornada ‘Europa ao servizo das empresas de Galicia’ para aproximar os recursos comunitarios ao sector do mar galego

28/07/2026

  • A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou este encontro informativo co que se busca facilitar ao empresariado o acceso ao asesoramento e ás ferramentas da UE para impulsar a innovación, a internacionalización e a competitividade
  • A cita reuniu a representantes institucionais e do tecido empresarial en torno a redes europeas como a Enterprise Europe Network e programas como Erasmus para Mozos Emprendedores
  • A conselleira volveu reclamar un fondo financeiro específico potente para o mar no orzamento comunitario 2028-2034, na liña do actual FEMPA, e maior simplificación burocrática na Política Pesqueira Común

Viveiro (Lugo), 28 de xullo de 2026.- O Porto de Celeiro acolleu hoxe a xornada Europa ao servizo das empresas de Galicia: innovación, internacionalización e comp …

A Xunta financia con 29 M€ a actividade científica de 149 grupos e proxectos de investigación

28/07/2026

  • A Consellería de Educación apoia os equipos máis competitivos do sistema da I+G+i: 65 na USC, 35 na UVigo, 27 na UDC e 22 noutras entidades de investigación
  • Con esta nova inxección, o investimento en vigor por parte do Goberno galego supera os 119 M€, con 485 grupos en activo, o máximo histórico

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2026.- A Xunta de Galicia continúa co apoio á actividade dos grupos de investigación máis competitivos da I+G+i. O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución destas axudas, cunha inxección de 29 M€ para 149 grupos e proxectos de investigación para o período 2026-2030.

A Conselleria de Educación, Ciencia, Universidades e FP financia o funcionamento estrutural e estable destas 149 agrupacións, das que 127 desenvolven …

O Cesga suma xa 43 investigacións no seu espazo de datos OneHealth, punto de partida do arranque da primeira fábrica europea de IA en España

22/07/2026

  • OneHealth DataSpace reúne xa 36 entidades que colaboran para impulsar a saúde global mediante tecnoloxías de compartición segura de datos, intelixencia artificial, análise avanzada e computación de altas prestacións
  • Esta plataforma constitúe a base da futura factoría europea de IA, 1HealthAI, promovida desde Galicia para aplicar a intelixencia artificial ao ámbito sanitario

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2026.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participou esta mañá na presentación do OneHealth DataSpace, o espazo de datos multisectorial impulsado polo CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) para favorecer a colaboración entre organizacións dos ámbitos da saúde humana, animal e ambiental. A representante da Consellería de ...

A nova spinoff TraffikGene, apoiada polo programa Ignicia da Xunta, lanza a súa tecnoloxía vinculada á innovación na saúde

17/07/2026

  • A Xunta concedeu cerca de 500.000€ á idea innovadora inicial que derivou na creación desta compañía, nacida tras sete anos de investigación no CIQUS do equipo de Javier Montenegro, investigador Oportunius

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026.- Nace en Santiago TraffikGene S.L., a nova spinoff da Universidade de Santiago (USC) que recibiu case 500.000€ da Xunta de Galicia a través do Programa Ignicia Proba de Concepto. Esta compañía constitúese para comercializar a tecnoloxía que leva anos desenvolvendo no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS), unha plataforma que facilita o transporte de fármacos ata as células do organismo.

A compañía nace logo de sete anos de investigación neste centro galego de investigacià ...

Galicia e norte de Portugal promoven proxectos innovadores conxuntos sobre industria, turismo, saúde e sector primario

16/07/2026

  • Presentan en Viana do Castelo o proxecto MAISRIS3T, liderado pola Xunta de Galicia cun orzamento de case 1 M€ para actividades transfronteirizas ata 2028
  • Ambas rexións buscan iniciativas que cheguen ao mercado, novas colaboracións, maior captación de fondos e aproveitar mellor a conexión en áreas prioritarias
  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, destaca que Galicia e o Norte de Portugal “son máis fortes cando cooperan e suman talento”

Viana do Castelo, 16 de xullo de 2026.- Galicia e Norte de Portugal dan un paso máis na cooperación transfronteiriza coa presentación do proxecto MAISRIS3T, unha iniciativa liderada pola Xunta de Galicia con case 1 M€ de orzamento que promove proxectos innovadores conxuntos en industria, mobilidade e enerxía, a …

A Xunta celebra a innovación con impacto do Citius, centro de investigación da Rede Cigus e piar da I+G+i

14/07/2026

  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, salienta que a atividade do CiTIUS é un exemplo de converter investimento público en resultados
  • A Xunta apoia con máis de 6 M€ a actividade deste centro, que hoxe presentou ante o tecido empresarial as súas tecnoloxías listas para ser transferidas á industria e á sociedade
  • O centro presentou dous novos proxectos innovadores para os sectores loxístico e industrial financiados pola Xunta no marco do programa Nexos 2025

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2026.- A Xunta celebra a innovación con impacto do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), como mostran as tecnoloxías listas para ser transferidas á industria e á sociedade presentadas hoxe. A directora da Axencia Galega de ...

A empresa Celtarys Research, apoiada polo programa Ignicia da Xunta, presenta a súa tecnoloxía para acelerar o descubrimento de fármacos

14/07/2026

  • A spinoff da Universidade de Santiago de Compostela emprega ferramentas fluorescentes en lugar de substancias radioactivas en ensaios preclínicos, o que permite acurtar os tempos, reducir os custos e aumentar a seguridade
  • A compañía, fundada no ano 2021, conta xa con máis de 40 clientes en 14 países e atópase en fase de expansión
  • O proxecto Fluorotools, do que xurdiu a empresa, foi apoiado na convocatoria 2018 do programa Ignicia Proba de Concepto da Xunta de Galicia
  • Dende a súa posta en marcha, a convocatoria Ignicia Proba de Concepto apoiou 41 proxectos, a partir dos que xa se crearon 13 spin-offs e asinaron 3 acordos coa industria, xerando emprego de alta cualificación e fortalecendo a I+G+i

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2026.- A empresa Celtarys Research, que …

A Xunta apoia o crecemento da empresa biotecnolóxica ODS Protein a través do programa Neotec

10/07/2026

  • A empresa, centrada no desenvolvemento de proteínas alternativas para a industria alimentaria de xeito sostible, conta cunha axuda de máis de 231.000 € para desenvolver o seu plan de negocio ata 2027
  • A Xunta convocará proximamente a edición 2026 desta liña de axudas Neotec, con 2,6 M€, para rescatar os proxectos de startups seleccionados na convocatoria estatal pero que quedaron sen financiamento
  • O Goberno galego apoiou desde 2021 a través desta liña a 34 empresas cun investimento de 11,7 M€, cos que se financiaron 220 postos de traballo en sectores como TIC e biotecnolóxico

O Porriño (Pontevedra), 10 de xullo de 2026.- A Xunta de Galicia apoia o crecemento da empresa biotecnolóxica ODS Protein, que investiga e desenvolve proteínas alternativas obtidas a través da ...

Galicia conta con máis da metade de xestores de I+D+i con acreditación internacional rexistrados en España

09/07/2026

  • Profesionais galegos dedicados á I+G+i achéganse nunha xornada organizada pola Xunta a novos modelos de transferencia de coñecemento do Reino Unido
  • Román Rodríguez destaca no Foro Ignicia que Galicia “dispón dunha base científica e tecnolóxica sólida e un dos retos é avanzar na traslación real de resultados”
  • Expertos británicos como Simon Hepworth, Joe Marshall ou Allison Campbell explican en Santiago as boas prácticas que impulsan o impacto económico e social da investigación no Reino Unido, considerado un referente neste ámbito

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2026.- Xestores da I+G+i coñecen de primeira man a través do programa Ignicia novos modelos de transferencia de coñecemento do Reino Unido, considerado un referente internacional neste ámbito pol …

A Xunta destaca a súa aposta polas tecnoloxías avanzadas nun encontro sobre políticas públicas para a ciencia en Cantabria

08/07/2026

  • A nova Estratexia de Biotecnoloxía de Galicia 2026-2030, a liña de comunicacións cuánticas entre Santiago e Vigo que agora se amplía a Portugal, o novo Cesga ou a factoría europea de IA 1HealthAI son fitos que sitúan a Galicia á vangarda
  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, explica os factores que contribúen a un ecosistema de I+G+i cohesionado e a aposta do executivo por tecnoloxías disruptivas como a cuántica, a IA ou a biotecnoloxía

Santander, 8 de xullo de 2026.- A Xunta destacou hoxe a súa aposta polas tecnoloxías avanzadas nun encontro en Cantabria sobre políticas públicas para a ciencia. A nova Estratexia de Biotecnoloxía de Galicia 2026-2030, a liña de comunicacións cuánticas entre Santiago e Vigo que agora se amplía a Portugal, o n …

1 2 4 5 6 7 199