RIS3

A Especialización Intelixente de Galicia – RIS3 é a estratexia global de Galicia para mellorar a competitividade, o crecemento económico e o emprego sostible e de calidade a través da innovación.

En novembro de 2013, o Consello de la Xunta aprobou a RIS3 Galicia 2014-2020 como a estratexia integral de innovación de Galicia, na que se establecían as prioridades de investimento en I+D+i da Xunta de Galicia para ese período.

Esta folla de ruta das políticas de innovación da nosa comunidade foi froito da esixencia da Comisión Europea a todas as rexións europeas de definir as súas prioridades de gasto en I+D+i para este período e dun proceso participativo no que interviñeron os principais axentes do Sistema Galego de Innovación coordinados pola Axencia Galega de Innovación.

A RIS3 Galicia 2021-2027, ademais de ser un requisito para acceder aos fondos estruturais europeos, será a estratexia integral para articular todas as actuacións da I+D+i en Galicia (futuro Plan de Innovación de Galicia). Tamén incorporará os grandes obxectivos 21-27 da Unión Europea: unha nova política industrial marcada pola Sustentabilidade, polo Pacto Verde Europeo e pola Transformación Dixital.

As grandes metas da RIS3 Galicia 2021-2027 a través da especialización en I+D+i son: evolucionar o modelo produtivo, gañar competitividade e crecer de forma sostible no tempo, xerar emprego de calidade e contribuír a dar resposta aos grandes retos e necesidades da sociedade.

A RIS3 Galicia é o vector condutor da transformación do modelo produtivo no marco das novas prioridades, tanto nacionais como europeas, coas que é preciso estar aliñados.

Máis información dispoñible na páxina web da RIS3 Galicia.

Podes descargar aquí a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3 2021-2027

Folleto da RIS3 Galicia 2021-2027

Cuestionario para as Misións da RIS3 2021-2027