Formación e desenvolvemento profesional do persoal investigador

O persoal investigador é o actor fundamental na xeración dos resultados da I+D que están na base de todo proceso de transferencia. Para acadar unha maior efectividade nos procesos de comercialización de resultados, dende o Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento proporciónase formación ao persoal de investigación para adquirir coñecementos e competencias relacionadas coas actividades de transferencia e emprendemento.

Búscase así contribuír ao desenvolvemento profesional do persoal investigador tanto para continuar a carreira investigadora na universidade e nos organismos públicos de investigación, como noutras contornas como poden ser os centros tecnolóxicos ou as empresas.


Curso online: “Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i”

Este curso, de carácter gratuíto, está dirixido a persoal investigador posdoutoral, a persoal investigador contratado con cargo a proxectos de Universidades e Organismos Públicos de Investigación, así como a persoas investigadoras e tecnólogas dos Centros Tecnolóxicos. O seu obxectivo é introducir ao persoal investigador nas bases da transferencia de coñecemento e a comercialización de resultados da I+D, ademais de contribuír ao desenvolvemento das seguintes capacidades: comprensión do valor da innovación e da investigación traslacional académica, as habilidades para presentar a investigación e conectar coa industria, e as estratexias para mellorar a produtividade da innovación nun entorno académico.

  • Datas: 8 de maio – 11 de xullo de 2023
  • Modalidade: combina sesións presenciais e en liña. O programa iníciase cun seminario inaugural sobre o Sistema Galego de Innovación; a continuación, desenvólvense tres módulos formativos (“Fundamentos sobre a transferencia de coñecemento”, “Comunicación e presentación da investigación” e “Ecosistema de innovación, impacto e colaboración”) e finaliza cun seminario de clausura sobre as estratexias para persoal investigador.
  • Documentación:


Curso online: “Formación executiva para persoal investigador posdoutoral”

O propósito desta formación é capacitar e orientar a 20 participantes en coñecementos e competencias relacionados coa comercialización de resultados de investigación, así como na promoción e xestión de spin-offs.



Curso online: “Transferencia e comercialización nas Ciencias Sociais, Artes e Humanidades”

Este curso ten como obxectivo dotar ao persoal investigador e ao persoal de xestión de transferencia das mellores estratexias para construír unha carteira de proxectos de valorización e comercialización sostible, identificar os mellores modelos de negocio, así coma os mecanismos de protección da propiedade intelectual máis axeitados para os resultados nos campos das Ciencias Sociais, Artes e Humanidades.



Máis información

  • No enderezo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal
  • No teléfono 981 957 012