Formación e capacitación de xestores de transferencia: programa de acreditación RTTP 2019-2021

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Barrié, impulsan o desenvolvemento profesional dos xestores de transferencia do Sistema Galego de Innovación. Isto realízase a través da formación especializada e do acceso a metodoloxías de traballo aplicables en procesos de valorización e comercialización de resultados de I+D+i.

Da man de Oxentia, proporcionamos co Programa de acreditación RTTP 2019 – 2021 a formación necesaria para optar ao certificado Registered Technology Transfer Professionals – Alliance of Technology Transfer Professionals que recoñece a nivel internacional aos xestores e xestoras de transferencia.

Dentro do programa lévanse a cabo ciclos formativos específicos que buscan fortalecer as capacidades profesionais na xestión da IP, a definición de modelos de negocio, a captación de financiación, a negociación ou o peche de acordos de comercialización.

Ademais, proporciónase apoio e orientación aos xestores e xestoras na preparación do dossier para a solicitude da acreditación RTTP.

A participación nos cursos e a obtención da acreditación están financiadas por GAIN e a Fundación Barrié.

Documentación e enlaces

Actividades previas

Máis información

  • No enderezo electrónico programacion.centros@gain@xunta.gal
  • No teléfono 981 957 012