Os centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D+i teñen numerosas capacidades científico-tecnolóxicas con potencial para atender a demanda empresarial, a través do desenvolvemento de proxectos de I+D+i colaborativa. Para catalizar este proceso, resulta clave a adopción dun papel tractor por parte do tecido empresarial, dando a coñecer as súas problemáticas e desafíos concretos.
Os Encontros de Transferencia e Innovación do Programa Ignicia son un espazo de diálogo e interacción entre empresas e centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D+i. O seu obxectivo é activar relación de colaboración que culminen en procesos exitosos de valorización e transferencia.
Encontro de Transferencia e Innovación en Novos Materiais
Os materiais avanzados abren un amplo abanico de oportunidades de innovación en diversas industrias de distintos sectores. Propiedades como a resistencia, lixeireza, durabilidade e propiedades térmicas e eléctricas melloradas, permiten o deseño de produtos diferenciais de alto valor engadido, a optimización de procesos e o incremento da produtividade e a seguridade. Así mesmo, permiten avanzar cara un futuro máis sostible e orientado á economía circular, onde la eficiencia, a conservación de recursos e la redución de impacto ambiental son piares fundamentais para o desenvolvemento industrial.
Este Encontro de Transferencia e Innovación en Materiais enfócase a propiciar conexións entre empresas e centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D+i que poidan dar lugar a proxectos de valorización e transferencia no campo dos materiais avanzados, como por exemplo los aplicados á acumulación enerxética, a funcionalización de superficies e a xestión de residuos, entre outros.
As firmas interesadas en participar no encontro poderán propoñer o seu reto ou área de interese, podendo focalizarse en aspectos como la sostibilidade, as propiedades técnicas ou aspectos de deseño, entre outros ámbitos. A continuación, un equipo de expertos en innovación en materiais aplicados a produtos e procesos industriais identificará as capacidades tecnolóxicas dos centros do sistema galego de I+D+i que respondan ás necesidades formuladas polas empresas. Por último, proporase a ambas entidades unha reunión, que terá lugar na xornada de networking do 28 de setembro na Materioteca de Galicia (CIS Tecnoloxía e deseño, Ferrol).
Documentación
Histórico de accións realizadas