Monitorización da transferencia no Sistema Galego de I+D

Mediante a elaboración de diferentes estudos analízase a evolución da transferencia de coñecemento no Sistema Galego de Innovación, co obxectivo de monitorizar indicadores de desempeño en transferencia e de xerar coñecemento e información para o desenvolvemento de novas medidas de impulso.

Estudos realizados:

  • “A transferencia de resultados de investigación no Sistema Galego de I+D. Informe 2011-2018”
    • Este informe analiza a evolución e situación da transferencia, así como a proxección das capacidades e resultados dos centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D. Identifícanse e analízanse os indicadores dispoñibles, así como a organización das unidades que xestionan os procesos de transferencia.
    • Lectura e descarga (versión en galego)
    • Lectura e descarga (versión en inglés)
    • Datos do informe actualizados ata 2020
  • “Análise organizativa e funcional das unidades de transferencia do Sistema Galego de I+D”
    • Este informe revisa os modelos de organización das estruturas que xestionan os procesos de transferencia nos centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D, o estudo pon o foco na figura dos xestores e xestoras de transferencia describindo o seu perfil profesional e funcional no contexto das institucións nas que desenvolven o seu labor.
    • Lectura e descarga (versión en galego)

Descarga os estudos realizados