Encontros e conversas en rede

A organización de eventos que lle ofrecen á comunidade do deseño galego oportunidades para interactuar e compartir coñecemento, así como acceder ás experiencias de maior éxito de fóra de Galicia e proxectar o seu labor a nivel internacional, é un dos eixes do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA.

Estes eventos teñen diferentes formatos:

  • Encontros: eventos nos que se comparten casos de éxito, tendencias e as mellores prácticas sobre o deseño desde un enfoque multidisciplinar e internacional. Coincidindo co Día Mundial do Deseño Industrial, celébrase cada ano un grande evento, o Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial, ao que puntualmente se suman outros eventos.
  • Workshops, talleres e congresos: xornadas centradas en temas específicos que están a marcar a axenda de traballo ou supoñen aproximacións novidosas e eventos de proxección internacional para a difusión do deseño galego.
  • Conversas en rede: diálogos retransmitidos en streaming para explorar a visión de expoñentes do talento emerxente galego con proxección internacional, unha ventá ás tendencias máis efervescentes a nivel global en diversas especialidades do deseño, a partir da experiencia de cada participante.

Próximos eventos

  • Novos eventos en proceso de planificación

Eventos pasados