29
Xuñ

III Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial: "A era pos-COVID: redeseñar o mundo"

Encontro virtual

Engadir ao calendario

Título: III Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial: “A era pos-COVID: redeseñar o mundo”
Data: 29/06/2020
Hora: 10.00 – 11.30 h.

O Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial reinvéntase este ano para adaptar tanto o seu formato como a súa temática á situación provocada polo coronavirus.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN), celebra a terceira edición deste evento —con motivo do Día Mundial do Deseño Industrial – en formato virtual.

Con el inaugúrase un ciclo de catro encontros virtuais con profesionais do sector para analizar o papel do deseño no escenario de futuro condicionado pola crise do coronavirus. Baixo o título “A era pos-COVID: redeseñar o mundo”, o ciclo contará con recoñecidos profesionais galegos que desenvolven a súa actividade en Galicia, o resto de España e outros países.

Este primeiro encontro, titulado “Deseño, empresa e sociedade: futuros posibles”, centrarase na reflexión e o debate sobre os retos e oportunidades que a actual situación abre na relación entre o deseño e a innovación empresarial.

Os profesionais de recoñecido prestixio que compartirán a súa visión cos participantes son Alberto Barreiro, Manuel Vázquez e Nuria Carballo.

Durante o evento presentarase tamén a publicación “Futuros posibles: Deseño para a innovación na era pos-COVID”, que se sumará á colección editada por GAIN no marco do Programa de Deseño para a Innovación 2020.