24
Set

Encontro “Deseño de marcas en tempos da COVID-19”. Ciclo “A era pos-COVID: redeseñar o mundo”

On line

Engadir ao calendario

Título: Encontro “Deseño de marcas en tempos da COVID-19”. Ciclo “A era pos-COVID: redeseñar o mundo”
Data: 24/09/2020
Hora: 10.30 – 12.00 h.

O ciclo online “A era pos-COVID: redeseñar o mundo” do Programa de Deseño para a Innovación da Xunta de Galicia volve o 24 de setembro coa análise da estratexia de marca axeitada para adaptarse ao contexto aberto pola crise do coronavirus.

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), dalle así continuidade ao ciclo de encontros en formato virtual no que profesionais galegos de referencia no campo do deseño ofrecen a súa visión de futuro.

Baixo o título “O deseño de marcas en tempos da COVID-19”, exploraranse as mellores fórmulas para construír marcas sólidas, coherentes e relevantes nesta época de incertidume; analizaranse as boas prácticas postas en marcha polas marcas máis auténticas nestes últimos meses; e abrirase o debate sobre o papel destas na contención da desestabilización económica, co foco posto nos cambios de hábitos dos consumidores.

Os profesionais galegos de recoñecido prestixio que compartirán a súa visión cos participantes son Iván Mato, director creativo de Jones Knowles Ritchie en Londres; Dani Bembibre e David Silvosa, socios do estudio de deseño e construción de marcas Costa; e Charo Froján e Alfredo Olmedo, creativos da marca de moda D-due.