16
Set

Encontro transfronteirizo «Materia e Territorio»

On line

Engadir ao calendario

Título: Encontro transfronteirizo «Materia e Territorio»
Data: 16 de setembro de 2021
Lugar: on line
Hora: 10:00 – 12:00 h GMT+1

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia en colaboración coa ESAD-idea e a Porto Design Biennale, organiza o encontro transfronteirizo “Materia e Territorio” no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA.

DIFERENZA, que introduce a sustentabilidade como eixo fundamental das súas operacións, quere concienciar sobre a necesidade de deseñar colectivamente futuros materiais capaces de rexenerarnos a nós mesmos, os nosos hábitos e aos nosos hábitats terrestres, acuáticos e mariños.

Galicia e o norte de Portugal teñen a oportunidade de liderar o desenvolvemento de novos modelos bioeconómicos sustentables, modelos baseados na economía circular, onde todos os materiais sexan “nutrientes”, incluíndo os residuos ou desperdicios que nos poden permitir innovar de forma climaticamente consciente reactivando e transferindo coñecementos sobre as nosas materialidades locais. De aí que este evento se desenvolva dentro da exposición da Porto Design Biennale titulada “Museo da Matéria Viva”, que está inspirada no libro Vibrantmatter de Jane Bennet, que pide que prestemos atención e nos sincronicemos coas nosas materialidades locais biolóxicas, técnicas e híbridas.