25
Abr

VII Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia

CIS Tecnoloxía e Deseño

Engadir ao calendario

Título: VII Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño, Ferrol
Data: 25/04/2024
Hora: 10.00 h

A Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación, celebra o vindeiro 25 de abril a sétima edición do Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia.

O evento, co que a Xunta de Galicia conmemora o Día Internacional do Deseño, celebrarase no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol), no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA.

A cita está aberta a profesionais do deseño de todas as áreas de especialización (gráfico, estratéxico, de espazos, dixital, de moda e industrial e de produto), estudantes e representantes de empresas e outras entidades interesadas en potenciar o deseño como ferramenta de innovación, competitividade e sostibilidade nas súas organizacións.

Nesta edición ponse o foco na relación entre o deseño, a tecnoloxía e o impacto económico. As persoas asistentes terán ocasión de coñecer a visión de profesionais de distintas disciplinas, dende o deseño gráfico e de produto dixital ata o deseño de servizos centrado na experiencia de usuario, que explicarán a súa interacción actual e futura coa tecnoloxía e como esta simbiose impacta no desenvolvemento económico.