Encontros e workshops

A organización de eventos que lle ofrecen á comunidade do deseño galego oportunidades para interactuar e compartir coñecemento, así como acceder ás experiencias de maior éxito de fóra de Galicia, é un dos eixes do Programa de Deseño para a Innovación 2020.

Estes eventos teñen dous formatos principais:

  • Encontros: eventos de gran formato nos que se comparten casos de éxito, tendencias e as mellores prácticas sobre o deseño desde un enfoque multidisciplinar e internacional. Coincidindo co Día Mundial do Deseño Industrial, celébrase cada ano un gran encontro , o Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial­, ao que puntualmente se suman outros eventos neste formato.
  • Workshops: xornadas teórico-prácticas de formato reducido centradas en temas específicos que na actualidade están a marcar a axenda de traballo ou supoñen aproximacións novidosas para os profesionais do deseño e o resto dos axentes do ecosistema do deseño galego.

Próximos eventos

Eventos pasados

  • 15 Maio de 2019: O deseño – boas prácticas, propostas de accións e apoio a pemes