13
Out

Curso online “Transferencia de Tecnoloxía: Valoración e Negociación”

On line

Engadir ao calendario

Título: Curso online “Transferencia de Tecnoloxía: Valoración e Negociación”
Data: do 13 ao 16 de outubro de 2020
Prazo de inscrición: ata o 5 de outubro ás 20:00h

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza unha nova edición do curso “Transferencia de Tecnoloxía: Valoración e Negociación” no marco do Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia.

Esta certificación emitida por ATTP [Alliance of Technology Transfer Professionals] é o estándar internacional para acreditar a competencia e experiencia daqueles profesionais que desenvolven a súa carreira no ámbito da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Para facilitar a súa obtención por parte de xestores de transferencia do Sistema Galego de Innovación, organizaranse accións formativas e proporcionarase mentorización para a preparación do dossier acreditativo esixido pola entidade acreditadora.

O programa de Capacitación para Xestores de Transferencia forma parte das iniciativas desenvolvidas polo Programa Ignicia de Transferencia de Coñecemento, iniciativa que integra diversas actuacións de fortalecemento das capacidades do Sistema de Innovación para mellorar a abordaxe de procesos de identificación, valorización e comercialización dos resultados da I+D.

O curso “Transferencia de Tecnoloxía: Valoración e Negociación”, celebrarase dende o día 13 ata o día 16 de outubro de 2020, baixo a modalidade de formación online debido á situación actual provocada polo coronavirus Covid-19.

Pode consultar toda a información do programa premendo aquí. Para inscribirse, cubra o formulario nesta ligazón. O prazo de inscrición remata o día 5 de outubro ás 20:00h.

A planificación das accións formativas previstas no marco do Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia inclúe neste ano 2020, asemade, a celebración do curso “Construíndo relacións universidade-empresa”. Concretamente celebraranse tres edicións deste curso, baixo a modalidade online, nas seguintes datas:

  • 1ª e 2ª edición: do 19 ao 23 de outubro (ás 10.00 h e ás 14.30 h, respectivamente).
  • 3ª edición: do 23 ao 27 de novembro (ás 10.00 h).

Actualmente estanse a programar as sesións formativas do vindeiro ano 2021. Ata o momento, prevese a celebración, en marzo, do curso “IP e Estratexia de Mercado”, do que se informará proximamente.

Por outra banda, en canto as persoas participantes no Programa dispoñan dos créditos necesarios para o acceso á certificación, iniciaranse os servizos para a titorización da elaboración do proxecto.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 000.