Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Barrié, impulsan o desenvolvemento profesional dos xestores de transferencia de coñecemento a través da formación internacional especializada e do acceso a metodoloxías de traballo aplicables en procesos de valorización e comercialización de resultados de I+D+i.
O “Programa de acreditación RTTP 2019-2021”, que se estenderá ao longo do trienio 2019 -2021, está dirixido a xestores de transferencia de tecnoloxía do Sistema Galego de Innovación. A participación nos cursos e a obtención da acreditación está financiada por GAIN e a Fundación Barrié.
O “Programa de acreditación RTTP 2019-2021” facilita a obtención da acreditación Registered Technology Transfer Professional de ATTP – Alliance of Technology Transfer Professionals. Para iso levará a cabo un ciclo formativo específico e proporcionarase mentorización para a preparación do dossier acreditativo para a obtención da certificación.
Documentación e enlaces:
Máis información: