Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento

Programa: Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento
Data de publicación no DOG: 23/01/2025
Prazo de presentación de solicitudes: 24/01/2025 – 24/02/2025
Códigos dos procedementos:
– IN607A: Modalidade A – Grupos de referencia competitiva (GRC)
– IN607B: Modalidade B – Grupos con potencial de crecemento (GPC)
– IN607D: Modalidade C – Proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente

Cal é o obxecto destas axudas?

Axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:

  • Modalidade A: Grupos de referencia competitiva (GRC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.
  • Modalidade B: Grupos con potencial de crecemento (GPC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D amosan potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do sistema de I+D+i galego.
  • Modalidade C: Proxectos de excelencia. Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores ou investigadoras individuais que, contando cunha traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional.

Quen pode solicitar estas axudas?

As universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) presentarán a súa solicitude ante a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC e Fundación Pública Galega Biomédica Galicia Sur) e os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia que presentarán a súa solicitude ante GAIN.

Tipo e intensidade das axudas

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido.
  • Intensidade da axuda: 100 %.
  • Orzamento total: 29.120.000€ (Secretaría Xeral de Universidades: 25.639.000€ / Gain: 3.481.000€).

Importe das axudas

O importe máximo das axudas concedidas será o seguinte:

  • Modalidade A (GRC): O importe global da axuda distribuirase en catro anualidades e virá determinado por un módulo estrutural anual composto dun fixo dunha contía máxima de 55.000 € e un módulo variable anual, dun máximo de 50.000 €, acumulable ao anterior, en función dos ingresos anuais medios do grupo no período comprendido desde o 1 de xaneiro de 2022 ao 31 de decembro de 2024.
  • Modalidade B (GPC): O importe total da axuda distribuirase en tres anualidades e virá determinado por un módulo estrutural anual composto dun fixo dunha contía máxima de 31.500 € en cada anualidade e un módulo variable anual, dun máximo de 10.000 €, acumulable ao anterior, en función do cumprimento de determinados requisitos en materia de tamaño do grupo, ingresos e transferencia do coñecemento no período comprendido desde o 1 de xaneiro de 2022 ao 31 de decembro de 2024.
  • Modalidade C: Proxectos de excelencia
    No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora consolidada, as axudas serán de aplicación por un período de ata 4 anualidades, mediante o pagamento anual á institución á que pertenza a persoa que lidere o proxecto dunha contía máxima anual de 50.000 €. No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora emerxente, as axudas serán de aplicación por un período máximo de ata 5 anualidades, mediante o pagamento anual á institución á que pertenza a persoa que lidere o proxecto dunha contía máxima anual de 15.000 € para o ano 2025 e de 25.000 € para os anos 2026, 2027, 2028 e 2029.

A onde acudir?

  • Para as solicitudes presentadas polas universidades do SUG:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria
Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881999541 / 881995156
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal

  • Para as entidades alleas ao SUG:

Axencia Galega de Innovación
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfono: 981541096
Email: xestion.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal

Documentación e ligazóns