Programa: DeseñaPeme e InnovaPeme 2023
Data de publicación DOG: 12/07/2023
Código do procedemento: IN848D
Prazo de presentación de solicitudes: ata 14/08/2023
Cal é o obxecto destas axudas?
Axudas dirixidas ás Pemes para o financiamento das actividades en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade, e en plans de innovación en procesos e organización, que lles permitan o fortalecemento naquelas áreas que sexan relevantes para a sistematización e internacionalización dos procesos de innovación da empresa.
Tipo e intensidade da axuda
Quen pode solicitar estas axudas?
As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:
Ver condicións específicas da axuda en gastos subvencionables no apartado “Documentación”.
Documentación
Máis información
Preguntas frecuentes e incidencias
Prema sobre cada pregunta frecuente para despregar a resposta.
O último ano de referencia dos datos a incluír, en varios apartados do cuestionario de INNOBENCH, son referidos ao ano 2021. Se no se dispón de histórico de dito exercizo e anteriores, pódense incluír os datos do ano 2022 ou na súa falla estimación dos últimos datos do ano 2023. Solicitei a xeración do informe INNOBENCH pero non me xerou devandito informe: a aplicación xerou unha mensaxe que nun período curto de tempo xerarase devandito informe INNOBENCH e estará a disposición para descarga. Incidencias de Innobench:
1. Ao cubrir o informe INNOBENCH (necesario para a Liña 2), que datos da empresa teño que incluír? Como fago para obter o informe?
Para cada empresa asociada ou vinculada coa entidade solicitante, ademais de cubrir o anexo V e cada unha das fichas necesaria, indicar que a documentación a presentar para cada unha delas é o especificado nas letras e, g, h do artigo 13.1 (pendente de publicación en DOG unha corrección de erros):
2. No caso de que a entidade solicitante teña vinculacións ou asociacións con outras empresas, que documentación complementaria hai que presentar xunto coa solicitude?
3. Pódese solicitar anticipo?
Poderán realizarse pagamentos anticipados de ata o 60% da subvención total concedida.
Para a anualidade 2023 poderase solicitar ata o 100% da subvención concedida.
A solicitude de pagamento anticipado deberá cursarse nos seguintes prazos:
4. Para os custes de máis de 15.000 euros, é necesario solicitar 3 ofertas?
Segundo o art.29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
Cando o importe do gasto subvencionable iguale ou supere a contía de 15.000,00 € deberase solicitar como mínimo 3 ofertas de diferentes provedores previamente á contratación do servizo ou de compra dun ben (servizos de asesoramento, consultarías, equipamento e materiais instrumentais, adquisición de licenzas de propiedade industrial, compras de materiais e subministros, e subcontratacións).
Cando a elección da oferta non recaia na máis económica ou polas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que a realicen, deberá xustificarse e motivarse expresamente nunha memoria.
5. Que tipo de empresas se poden subcontratar (sociedades, autónomos…)?
Pódense subcontratar con organismos de investigación ou outras entidades (sociedades mercantiles, autónomos…) a execución dunha parte das actividades incluídas no Plan de Innovación.
Deberá estar debidamente xustificada e motivada na memoria técnica da solicitude da axuda, que en caso de resolución favorable do plan de innovación entenderase por autorizada.
Hai un importe máximo/límite por empresa subcontratada? A suma de todas as subcontratacións non pode exceder do 50% do orzamento total subvencionable.
É necesario subscribir contrato? Si, será obrigatorio, e será revisado pola Axencia Galega de Innovación.
6. Que tipoloxías de custe de persoal pódense imputar?
Pódese imputar custes de persoal propio, polo tempo dedicado exclusivamente ao plan (senón fose ao 100% deberá xustificarse na memoria da solicitude da axuda). Só no caso das micropemes poderanse imputar custos de persoal directivo ou xerencial cun máximo do 30% de deica.
O persoal de nova contratación, deberá dedicarse o 100% ao plan de innovación.