Programa: IGNICIA Proba de Concepto
Data de publicación en DOG: 30 de xaneiro de 2023
Código de procedemento: IN855A
Prazo de presentación de solicitudes: 31/01/2023 – 28/02/2023
A convocatoria promove o desenvolvemento de aplicacións comerciais das investigacións xeradas nos centros de coñecemento galego, a través da consecución de licenzas de comercialización ou a creación de spin-offs. O esixente proceso de avaliación e intensivo apoio durante a execución supón o máximo recoñecemento á ciencia e tecnoloxía xerada en Galicia para garantir o seu impacto na sociedade.
Os beneficiarios reciben un financiamento do 100% dos custos en forma de achega patrimonial onerosa.
Ademais, recibirán asesoramento experto para definir o plan de desenvolvemento e comercialización para garantir a chegada a mercado, así como unha auditoría legal para determinar a viabilidade de explotación. Tamén acceden a formación e acompañamento para a procura de socios empresariais, investidores e clientes potenciais.
Orzamento total: 3.960.000 €
Os organismos de investigación e difusión públicos ou privados con centro de traballo en Galicia, onde se inclúen: as universidades do SUG, os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica, os centros en Galicia do CSIC, as Fundacións de investigación sanitaria, e outros organismos de investigación que teñan definida a I+D como actividade principal nos seus estatutos.