Candidatos ERC

O Programa Oportunius ofrece servizos de formación e asesoramento ao persoal investigador co potencial necesario para presentarse a convocatorias do ERC, pero que ata o de agora non se decidiran a formalizar a súa candidatura.

Pode acollerse a estas axudas o persoal investigador adscrito a calquera das institucións de acollida de Galicia.

Características dos servizos

O persoal investigador interesado en presentar a súa candidatura a unha convocatoria ERC pode optar aos beneficios contemplados no Programa Oportunius para maximizar as súas opcións de éxito.

Trátase de servizos de formación e asesoramento persoalizado para optimizar a elaboración da súa proposta, de cara a cumprir do mellor xeito os estándares de calidade das candidaturas ao ERC:

  • Avaliación preliminar sobre as posibilidades de éxito da proposta, considerando tamén o currículo da persoa investigadora..
  • Preparación do borrador para a súa revisión inicial por parte da Oficina Europea do Ministerio de Ciencia e Innovación.
  • Axuda na incorporación ao borrador das recomendacións emitidas pola Oficina Europea.
  • Revisión da proposta por profesionais expertos e anteriores gañadores/as de axudas ERC.

Solicitude de apoio

O persoal investigador interesado nos servizos do Programa Oportunius para candidatos/as ERC debe descargar e cubrir un cuestionario preliminar e envialo a oportunius.gain@xunta.gal.

Servizo Asesoramento Consolidator Grants 2023

A convocatoria Consolidator Grants 2023 estará aberta previsiblemente entre o 28/09/2022 e o 2/02/2023. As datas orientativas para enviar a documentación necesaria para recibir o servizo de asesoramento no marco do Programa Oportunius son:

  • CV e cuestionario preliminar: ata o 31/10/2022
  • Envío de B1 (e B2 opcional) para revisión: ata o 16/12/2022
  • Envío de B1 e B2 para segunda revisión: ata o 31/01/2023

Servizo Asesoramento Advanced Grants 2023

A convocatoria Advanced Grants 2023 estará aberta entre o 8/12/2022 e o 23/05/2023. As datas orientativas para enviar a documentación necesaria para recibir o servizo de asesoramento no marco do Programa Oportunius son:

  • CV e cuestionario preliminar: ata o 17/02/2023
  • Envío de B1 (e B2 opcional) para revisión: ata o 17/03/2023
  • Envío de B1 e B2 para segunda revisión: ata o 05/05/2023