O persoal investigador que resultara finalista no proceso de selección dunha convocatoria do ERC ten acceso aos beneficios contemplados no Programa Oportunius para incrementar as súas posibilidades de éxito en futuras convocatorias.
Pode solicitar estas axudas e servizos o persoal investigador adscrito a calquera das institucións de acollida de Galicia que presentase unha candidatura ERC e chegase á última fase de avaliación, pero non obtivese financiamento e, ademais, se comprometa a presentarse á seguinte convocatoria posible.
Tipos de axuda e servizos
As persoas finalistas no proceso de obtención dunha axuda ERC poden optar aos seguintes apoios no marco do Programa Oportunius:
Solicitude de apoio
O persoal investigador interesado nos servizos do Programa Oportunius para finalistas ERC debe descargar e cubrir un cuestionario preliminar e envialo a oportunius.gain@xunta.gal.