Programa Oportunius

O Programa Oportunius é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia, coa colaboración do Sistema Universitario Galego (SUG), o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e os organismos de investigación de Galicia (aos que o programa está aberto para a súa incorporación), para ofrecer condicións atractivas que permitan atraer e reter talento investigador de primeiro nivel.

O seu obxectivo é xerar oportunidades para persoal investigador excelente que queira desenvolver a súa carreira científica en Galicia reforzando as opcións de acceso e os beneficios asociados ás axudas do European Research Council – ERC.

O fin último é facilitar a estabilidade do mellor persoal investigador galego e atraer outro persoal científico excelente de fóra de Galicia.

O programa ofrece un itinerario deseñado á medida de tres perfís:

  • Gañadores ERC. Paquete de axudas complementarias ao financiamento europeo, a través da opción a un contrato de persoal investigador distinguido e de recursos económicos para apoiar a súa actividade investigadora.
  • Finalistas ERC. Apoio económico e servizos de formación, asesoramento e revisión de propostas para aumentar as garantías de éxito nas seguintes convocatorias do ERC.
  • Candidatos ERC. Formación e asesoramento experto ao persoal investigador distinguido cun alto potencial e unha carreira investigadora prometedora para que participen nas convocatorias do ERC.

Ata setembro de 2025 Oportunius facilitou:

  • 20 contratos Oportunius a gañadores ERC
  • 38 gañadores ERC apoiados
  • 47 proxectos financiados polo ERC
  • 31 finalistas ERC apoiados
  • 331 candidaturas ao ERC avaliadas
  • 28 talleres de formación con 690 participantes

O Programa Oportunius contempla o establecemento dun Consello Asesor formado por profesionais expertos de recoñecido prestixio e integrado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional –á que se adscribe a Axencia Galega de Innovación–; as tres universidades galegas, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e o persoal investigador ERC para o traballo conxunto e aliñado co logro dos obxectivos do programa.

Máis información dispoñible en:

Informe de resultados e impacto do Programa Oportunius: