31
Mai

Comercialización de software e know-how dixital

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Curso presencial “Comercialización de software e know-how dixital”
Data: mércores 31 de maio e xoves 1 de xuño de 2023
Lugar: Axencia Galega de Innovación, Aula A04 (Rúa Airas Nunes, s/n – 15702 Santiago de Compostela)
Horario: de 09:00 a 14:00 h e de 15:00 a 17:30 h
Prazo de inscrición: ata o día 26 de maio ás 13.00 h

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso de carácter gratuíto “Comercialización de software e know-how dixital” no marco do Programa formativo con acreditación RTTP para persoal de xestión de transferencia.

A certificación Registered Technology Transfer Professionals (RTTP) emitida pola Alliance of Technology Transfer Professionals (ATTP) é o estándar internacional para acreditar a competencia e experiencia daqueles profesionais que desenvolven a súa carreira no ámbito da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Para facilitar a súa obtención por parte do persoal de xestión de transferencia do Sistema Galego de Innovación, organízanse accións formativas e proporciónase mentorización para a preparación do dossier acreditativo esixido pola entidade acreditadora.

O Programa formativo con acreditación RTTP para persoal de xestión de transferencia forma parte das iniciativas do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, que integra diversas actuacións de fortalecemento das capacidades do Sistema Galego de Innovación para mellorar a abordaxe de procesos de identificación, valorización e comercialización dos resultados da I+D.

O curso “Comercialización de software e know-how dixital” celebrarase os días 31 de maio e 1 de xuño, baixo a modalidade presencial. Pode consultar aquí toda a información do programa. Para inscribirse, cubra o formulario na seguinte ligazón. O prazo de inscrición remata o día 26 de maio ás 13:00h.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 012.