A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, impulsa o desenvolvemento profesional do persoal de xestión de transferencia do Sistema Galego de Innovación. Isto realízase a través da formación especializada e do acceso a metodoloxías de traballo aplicables en procesos de valorización e comercialización de resultados de I+D+i.
O Programa formativo con acreditación RTTP para persoal de xestión de transferencia, proporciona a formación necesaria para que os xestores e xestoras de transferencia do Sistema Galego de Innovación poidan optar á certificación internacional Registered Technology Transfer Professionals (RTTP) da Alliance of Technology Transfer Professionals.
Dentro do programa lévanse a cabo ciclos formativos específicos que buscan fortalecer as capacidades profesionais na xestión da IP, a definición de modelos de negocio, a captación de financiación, a negociación ou o peche de acordos de comercialización.
Ademais, proporciónase apoio e orientación ao persoal de xestión de transferencia na preparación do dossier para a solicitude da acreditación RTTP.
A participación nos cursos e a obtención da acreditación están financiadas pola Axencia Galega de Innovación e a Fundación Barrié.
Documentación e enlaces
Curso presencial: “Comercialización de software e know-how dixital”
Actividades previas
Máis información