15
Out

Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Starting Grant 2022

On line

Engadir ao calendario

Título: Oportunius: taller online de preparación de propuestas para la convocatoria ERC Starting Grant 2022
Data: 15 de outubro de 2021
Hora: de 10:00 h a 13:00 h
Prazo de inscrición: ata o 14 de outubro ás 13:00 h

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia á participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).

Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web de GAIN e aos que se pode acceder directamente a través desta ligazón: Candidatos ERC. Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.

O 15 de octubro celebrarase un taller online de preparación de propostas centrado na convocatoria Starting Grants 2022. No taller participarán Laura Mohedano, National Contact Point ERC da Oficina de Proyectos Europeos del Instituto de Salud Carlos III, así como Graciela Garrido e María Gómez-Reino, de ECONET, empresa con longa experiencia na preparación e asesoramento de candidaturas ao ERC.

Para calquier dúbida pode contactar no teléfono 981 337 115 ou no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal.