12
Abr

Curso online "IP e Estratexia de Mercado"

Curso On line

Engadir ao calendario

Título: Curso online “IP e Estratexia de Mercado”
Data: do 12 ao 16 de abril de 2021
Prazo de inscrición: ata o 02 de abril ás 20:00 h

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso “IP e Estratexia de Mercado” no marco do Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia.

Esta certificación emitida por ATTP [Alliance of Technology Transfer Professionals] é o estándar internacional para acreditar a competencia e experiencia daqueles profesionais que desenvolven a súa carreira no ámbito da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Para facilitar a súa obtención por parte de xestores de transferencia do Sistema Galego de Innovación, organizaranse accións formativas e proporcionarase mentorización para a preparación do dossier acreditativo esixido pola entidade acreditadora.

O programa de Capacitación para Xestores de Transferencia forma parte das iniciativas desenvolvidas polo Programa Ignicia de Transferencia de Coñecemento, iniciativa que integra diversas actuacións de fortalecemento das capacidades do Sistema de Innovación para mellorar a abordaxe de procesos de identificación, valorización e comercialización dos resultados da I+D.

O curso “IP e Estratexia de Mercado” celebrarase dende o día 12 ata o día 16 de abril de 2021, baixo a modalidade de formación online debido á situación actual provocada polo Covid-19. Pode consultar toda a información do programa premendo aquí. Para inscribirse, cubra o formulario na seguinte ligazón. O prazo de inscrición remata o día 02 de abril ás 20:00 h.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 012.