Programa: Unidades mixtas de investigación
Data de publicación DOG: 18/08/25
Prazo de presentación de solicitudes: 19/08/25 – 06/10/25
Código do procedemento: IN853A, IN853B e IN853C
Obxecto
Convocatoria de axudas dirixidas ás tres fases do Programa de Unidades Mixtas de Investigación da Axencia Galega de Innovación:
- Modalidade A – 1ª fase: Axudas para a creación e posta en marcha de novas unidades mixtas de investigación (IN853A)
- Modalidade B – 2ª fase: Axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación (IN853B)
- Modalidade C – 3ª fase: Axudas para centros mixtos de investigación (IN853C)
Quen pode ser beneficiario destas axudas?
As agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha ou varias empresas, das que alomenos unha debe ser unha peme, que formen parte dunha unidade mixta de investigación.
No marco desta convocatoria consideraranse organismos de investigación:
- Os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia
- As universidades públicas do sistema universitario galego
- Os centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas
- As fundacións públicas de investigación sanitaria de Galicia
- Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.
As empresas integrantes das unidades mixtas de investigación poderán ser pequenas, medianas e grandes.
Tipo e intensidade das axudas
- Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
- Tipo de axuda: axuda a fondo perdido.
- Orzamento total convocatoria: 12.000.000,00 € para o período 2025 – 2028. As axudas desta convocatoria serán cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027.
- Intensidade da axuda: 40% do orzamento subvencionable, cun máximo de 3.000.000,00 €.
- Orzamento mínimo subvencionable:
- Modalidade A: 1.800.000 €
- Modalidade B: 2.000.000 €
- Modalidade C: 3.500.000 €
Documentación e ligazóns
Documentación para a solicitude de anticipos
Poderanse solicitar pagamentos anticipados segundo as seguintes porcentaxes (art. 38):
- Anualidade 2026: ata o 100% da subvención concedida desta anualidade e logo da presentación do acordo regulador da unidade mixta de investigación.
- Anualidades sucesivas: ata o 50% da subvención concedida en cada anualidade.
En ningún caso o importe da totalidade dos anticipos concedidos poderá superar o 80% da subvención total concedida.
A suma dos pagamentos anticipados e á conta non poderá superar o 90% da subvención total concedida.
Para a solicitude dos pagamentos anticipados, deberá presentarse a seguinte documentación:
Documentación para a xustificación das axudas
Obrigas de información e comunicación
Indicadores de comunicación
A maiores da documentación xustificativa de cada anualidade, con carácter semestral solicitarase aos beneficiarios os indicadores de publicacións en redes sociais, actuacións en medios de comunicación e celebración de eventos:
Máis información
- No correo electrónico xestion.gain@xunta.gal
- Nos teléfonos 981 54 10 96, 881 99 96 33 e 881 95 86 02
