Metodoloxía para a avaliación preliminar dos resultados da I+D xerados polos axentes do Sistema Galego de Innovación
Este manual describe un procedemento para revisar unha serie de características do coñecemento científico-tecnolóxico ao saír do laboratorio. O obxectivo é determinar de maneira preliminar o seu potencial comercial, así como os seguintes pasos a seguir con vistas á súa valorización e explotación.
O procedemento, que foi probado con casos reais nos centros tecnolóxicos e universidades do SUG, está deseñado para ser facilmente aplicable polas unidades de transferencia, o que lles permite:
O manual acompáñase dun aplicativo que proporciona un soporte adicional ao procedemento descrito no manual cunha dobre utilidade:
Documentación e enlaces
Para a realización de consultas sobre a súa aplicación programacion.centros.gain@xunta.gal
Metodoloxía de avaliación preliminar de resultados de I+D en materiais no Sistema Galego de Innovación
Este manual é unha ferramenta que proporcionará ao persoal investigador e responsables da valorización de materiais en fase de investigación unha metodoloxía clara e sistemática para avaliar a viabilidade dos desenvolvementos e o seu potencial para chegar ao mercado. Ao adoptar un enfoque estruturado e baseado en criterios obxectivos, búscase mellorar a toma de decisións e maximizar as oportunidades de éxito no proceso de transferencia de tecnoloxía, promovendo así a innovación en materiais e o seu impacto na sociedade e a economía. Baseado na “Metodoloxía de avaliación preliminar de resultados de I+D”, este manual nace como resultado da acción piloto para a avaliación de potencial comercial de materiais innovadores, que se desenvolveu en colaboración coa Materioteca de Galicia.
Metodoloxía para a avaliación do potencial comercial das tecnoloxías protexidas mediante patente
Este manual é unha ferramenta clave para medir o potencial comercial dunha tecnoloxía patentada e definir a súa capacidade para xerar beneficios económicos ou competitivos a través da concesión de licenzas ou a venda. Esta metodoloxía da continuidade ao modelo de avaliación preliminar ( prescreening ) destinado á preselección de tecnoloxías presentado en 2020 tamén no marco do Programa Ignicia.
A avaliación dunha tecnoloxía patentada ten múltiples propósitos:
Documentación:
“Obradoiro e mentoring sobre avaliación do potencial comercial de tecnoloxías protexidas mediante patente”
A iniciativa enmárcase nas actuacións orientadas a reforzar as capacidades de valorización e transferencia de coñecemento do ecosistema galego de innovación, proporcionando un enfoque sistemático para a toma de decisións na xestión de carteiras de patentes.
Está dirixida principalmente ao persoal xestor de transferencia e ao persoal investigador que desenvolve a súa actividade en universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos e outros axentes do ecosistema de innovación de Galicia. Poderase participar a título individual ou en equipo.
O obxectivo desta iniciativa, de carácter gratuíta, que combina formación grupal con sesións de titorización, é capacitar ás persoas ou equipos participantes na aplicación dunha metodoloxía que permite analizar, avaliar e priorizar tecnoloxías patentadas en función da súa viabilidade comercial e da súa capacidade para xerar beneficios económicos e competitivos mediante a concesión de licenzas ou a venda. En xuño de 2026 celebrouse o obradoiro presencial co seguinte programa, mentres que as sesións de mentoring terán lugar entre xullo, setembro e outubro de 2026.
Curso online: “Avaliación de carteira tecnolóxica. Modelo de prescreening tecnolóxico”
O curso trata sobre o modelo de prescreening de tecnoloxías desenvolto no marco do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, como paso para a súa posible implantación dentro dos procesos de valorización de tecnoloxías.
Esta acción formativa, de carácter gratuíta, está dirixida a persoal que desenvolva funcións de xestión de transferencia en centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D que conten con resultados científico-tecnolóxicos para valorizar.
O programa abrangue unha formación teórica de 3 horas de duración, e catro sesións de asesorías individualizadas de 1 hora de duración cada unha sobre a aplicación a un caso concreto do modelo explicado na sesión teórica. As datas e o horario das asesorías individualizadas planificaranse con cada unha das persoas asistentes. O caso concreto (resultado científico-tecnolóxico) será aportado polo alumno/a. En decembro de 2021 impartiuse unha edición deste curso co seguinte programa.
Máis información