Convocatoria Conecta Hubs

Programa: Bases reguladoras e convocatoria para 2021 das axudas para proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos Hubs de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia (Programa CONECTA Hubs)
Data de publicaciónno DOG: 15/02/2021
Código do procedemento: IN852B e IN852C
Prazo de presentación de solicitudes: 22/04/2021

Obxecto

Esta convocatoria busca financiar proxectos colaborativos aliñados coas áreas dos Hubs Galegos de Innovación Dixital considerados como estratéxicos (DIHGIGAL e DATAlife), que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia.

Deberán ser coherentes cos obxectivos específicos do Programa Europa Dixital.

Tipo e intensidade da axuda

A convocatoria ten un orzamento de 6,8M€.

Tipo de convocatoria: concederanse en forma de subvención, coma unha porcentaxe do investimento subvencionable dentro dos límites de intensidade previstos para cada liña.

Liña 1: Proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental ou innovación en proceso ou organización



Liña 2: Proxectos de Innovación en Produto

O importe máximo da subvención será do 80 % do investimento subvencionable.

Un mesmo proxecto non poderá recibir unha axuda total que supere os 400.000 euros.

Quen pode solicitar estas axudas?

  • Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de empresas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, que realicen proxectos de I+D+i en colaboración.
  • As empresas poderán ser pequenas, medianas ou grandes, segundo as definicións contidas no artigo 2.
  • Deberán ter domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda e contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 26.4 da presente resolución.

Documentación e ligazóns

Documentación para a solicitude de anticipos

Documentación para a xustificación da anualidade 2023

Documentación para a xustificación da anualidade 2022

Documentación para a xustificación da anualidade 2021

Máis información
  • No correo electrónico axudas.gain@xunta.gal
  • No teléfono 981 957 303
  • Por videoconferencia, mediante solicitude de cita previa no email axudas.gain@xunta.gal. Para poder acceder a este servizo, é necesario que cubra a ficha que se atopa disponible neste ligazón, e indicar a data (sempre xoves) e hora na que se desexa realizar a videoconferencia con GAIN.





Axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional