Programa: Unidades mixtas de investigación
Data de publicación DOG: 20/02/2020
Prazo de presentación de solicitudes: reapertura prazo do 12/05/2020 ao 18/05/2020
Código do procedemento: IN853A
Cal é o obxecto destas axudas?
A creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación, como instrumento favorecedor da cooperación entre os organismos de investigación de Galicia e o tecido empresarial para desenvolver de forma conxunta e coordinada actividades de investigación, innovación e desenvolvemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia.
Quen pode solicitar estas axudas?
As agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha empresa, excepcionalmente dúas, que constitúan unha unidade mixta de investigación.
No marco desta convocatoria consideraranse organismos de investigación:
- Os Centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia
- As Universidades do sistema universitario galego
- Os Centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas
- Os Centros en Galicia do Instituto Español de Oceanografía
- As Fundacións de investigación sanitaria de Galicia
- Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal
As empresas integrantes das unidades mixtas de investigación poderán ser pequenas, medianas e grandes.
Tipo e intensidade das axudas
- Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
- Tipo de axuda: axuda a fondo perdido.
- Orzamento total convocatoria: 3.000.000,00 €
- Intensidade da axuda: 30% do orzamento subvencionable, cun máximo de 1.500.000,00 €.
- Orzamento mínimo subvencionable: 2.000.000,00 €
Documentación e ligazóns
Máis información
- xestion.gain@xunta.gal
- 981 54 10 96 e 881 99 96 33
Axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020
