Programa Ignicia

Programa: IGNICIA Proba de Concepto
Data de publicación no DOG: 09/05/2018
Código de procedemento: IN855A
Prazo de presentación de solicitudes: 10/05/2018 – 11/06/2018

RESOLUCIÓN de 18 de abril de 2018 pola que se establecen as condicións xerais do Programa Ignicia proba de concepto e se procede á súa convocatoria.

Tipos de proxectos e custos financiables

O programa apoiará aqueles proxectos que aborden probas ou actuacións posteriores á obtención do resultado de investigación que se pretende explotar, e que permitan validar unha tecnoloxía en condicións reais ou cuasi reais.

Os proxectos presentados deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar situados nun TRL4 ou superior. (Niveis de Madurez da Tecnoloxía)
  • Ter a capacidade de xerar resultados con aplicación na sociedade; estes resultados deberán ter potencial comercial e xerar retornos suficientes de acordo coas bases da convocatoria, independentemente do prazo no que estes se produzan.

No ámbito destes proxectos financiaranse os custos marxinais precisos para desenvolver as aplicacións comerciais dos proxectos seleccionados (validación técnica, estudos de mercado, análise de oportunidades comerciais e de negocio, contratación de persoal especializado, ...)

Documentación xeral

Modelos dos formularios

Modelos fase de investimento

Para máis información

  • Correo electrónico: servizos.gain@xunta.gal
  • Teléfonos de contacto: 981 54 10 73, 981 54 10 76 e 981 95 73 93

Proxectos apoiados nesta convocatoria

  • IN855A 2018/06. AIDFORK – Transferencia dun kit de análise forense de contidos multimedia.
    Entidade beneficiaria: Universidade de Vigo. Importe concedido: 336.060 €.
  • IN855A 2018/10. RADIOUAV – Drons para aplicacións máis aló do visible.
    Entidade beneficiaria: Universidade de Vigo. Importe concedido: 394.200 €.
  • IN855A 2018/16. RUCSC: Direccionamento selectivo e eliminación de células nai de cancro (CSC) con complexos sintéticos polipiridil de rutenio.
    Entidade beneficiaria: Universidade de Santiago de Compostela. Importe concedido: 386.603 €.
  • IN855A 2018/26. NANOEVERS – Nanoemulsións para solucións versátiles.
    Entidade beneficiaria: Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Importe concedido: 456.500 €.
  • IN855A 2018/30. INDEST – Indicador de composición estética.
    Entidade beneficiaria: Universidade da Coruña. Importe concedido: 246.067 €.
  • IN855A 2018/33. FLUOROTOOLS – Ferramentas fluorescentes para a avaliación de fármacos.
    Entidade beneficiaria: Universidade de Santiago de Compostela. Importe concedido: 427.000 €.
  • IN855A 2018/42. INVERBIS – Dillo en palabras.
    Entidade beneficiaria: Universidade de Santiago de Compostela. Importe concedido: 361.217 €.