Galicia, unha aposta acertada

A Xunta de Galicia –a través da Axencia Galega de Innovación e a Consellería de Educación, Universidade e FP – e o Sistema Universitario Galego [SUG] –formado pola Universidade de Santiago de Compostela [USC], a Universidade de Vigo [Uvigo] e a Universidade da Coruña [UDC] – integran no programa Oportunius a súa aposta por ofrecer as mellores condicións para o desenvolvemento dunha carreira investigadora excelente en Galicia. A elas únense as 3 fundacións sanitarias, os 5 centros do CSIC en Galicia e outras entidades públicas e privadas de I+D, ás que o programa está aberto para a súa incorporación.

A escolla de Galicia para consolidar unha traxectoria científica excelente é unha decisión acertada, tanto pola contorna profesional como pola calidade de vida.