Galicia revélase como unha contorna de investigación que avanza polo camiño cara a ciencia excelente e competitiva a nivel internacional investindo de forma decidida no talento a través do Programa Oportunius.
Galicia deu un salto importante nos últimos anos en materia científica e tecnolóxica, cun importante incremento das súas capacidades grazas a uns recursos humanos cada vez máis competitivos, infraestruturas en constante optimización e políticas públicas de apoio deseñadas para reforzar a produción e a transferencia de coñecemento excelente.
A investigación está considerada en Galicia como a principal fonte de coñecemento para a innovación e o crecemento socioeconómico. Neste contexto, durante os últimos anos a Xunta de Galicia esforzouse por dotar aos organismos públicos de investigación de:
A isto súmase un completo abano de programas públicos de apoio á transferencia de coñecemento.
Neste contexto, constituíuse un ecosistema científico sólido no que destacan as tres universidades que conforman o SUG; os dez centros de investigación de excelencia que contan co recoñecemento CIGUS; os centros colaborativos acreditados como tal pola Xunta de Galicia; os tres institutos de investigación sanitaria; os cinco centros do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en Galicia; e outras entidades públicas e privadas de I+D.
Universidades acreditadas co selo HR Excellence in Research (HRS4R)
Das máis de 7.900 persoas en investigación, en equivalente a xornada completa que desenvolven a súa actividade en Galicia, cerca da metade están contratadas polas tres universidades do SUG – Universidade da Coruña [UDC], Universidade de Santiago de Compostela [USC] e Universidade de Vigo [Uvigo] –.
Estas entidades contan co selo HR Excellence in Research [HRS4R], que as acredita como institucións comprometidas coa mellora da carreira profesional do persoal investigador.
Na actualidade, o modelo de organización científica das universidades galegas está formado por distintas estruturas de investigación:
A proxección do traballo destas entidades de investigación vese reforzada polos tres campus de especialización do Sistema Universitario de Galicia (SUG): o Campus Industrial de Ferrol, da Universidade da Coruña; o Campus Terra de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela; e o Campus Agua de Ourense, da Universidade de Vigo.