Galicia, unha aposta acertada

A Xunta de Galicia –a través da Axencia Galega de Innovación e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade – o Sistema Universitario Galego [SUG] –formado pola Universidade da Coruña [UDC], a Universidade de Santiago de Compostela [USC] e a Universidade de Vigo [Uvigo] – e os cinco centros do Consejo Superior de Investigaciones Científicas [CSIC] en Galicia, integran no Programa Oportunius a súa aposta por ofrecer as mellores condicións para o desenvolvemento dunha carreira investigadora excelente en Galicia. A elas únense as 3 fundacións sanitarias e outros organismos públicos e privados de I+D, aos que o programa está aberto para a súa incorporación.

A escolla de Galicia para consolidar unha traxectoria científica excelente é unha decisión acertada, tanto pola contorna profesional como pola calidade de vida.