A Xunta amosa as capacidades en supercomputación e cuántica ao Ministerio para a Transformación Dixital
18/12/2025
- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visita o Cesga coa directora xeral de Intelixencia Artificial do Goberno Central, Aleida Alcaide
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2025.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, amosoulle esta mañá á directora xeral de Intelixencia Artificial, Aleida Alcaide, do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública as capacidades do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga). A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Unviersidades e FP destacou a forte expansión que está a vivir o centro, no marco da aposta da Xunta de Galicia por tecnoloxías como a cuántica, a supercomputación e a intelixencia artificial polo seu potencial transformador do tecido produtivo e so …


