Estratexia de Excelencia da Biotecnoloxía en Galicia 2026-2030

A Estratexia de Excelencia da Biotecnoloxía en Galicia é o novo compromiso da Xunta de Galicia para afianzar os avances acadados polas sucesivas estratexias de apoio ao sector desenvolvidas desde o ano 2015, co obxectivo de acadar a excelencia do sector biotecnolóxico galego nos vindeiros cinco anos. O propósito é definir a visión de futuro do sector, así como a folla de ruta que recolla esa visión

Nestes momentos estamos inmersos no proceso de definición e elaboración desta folla de ruta, que pretende dar resposta ás necesidades reais do sector.

Para iso, resulta imprescindible incorporar a visión dos axentes máis relevantes do ecosistema galego da biotecnoloxía. Procuramos recompilar a visión experta de quen constrúe a biotecnoloxía galega día a día para definir as prioridades, as actuacións e os instrumentos de apoio dos vindeiros anos.

Con este propósito abrimos un proceso participativo e lanzamos esta consulta pública dirixida a todos os axentes do ecosistema: persoal directivo, investigador e técnico, startups, spin-offs, empresas, centros de coñecemento e, en xeral, calquera entidade con interese no sector que queira participar.

Consulta pública para o deseño e elaboración da Estratexia de Excelencia en Biotecnoloxía de Galicia 2026-2030

Máis información

  • No enderezo electrónico: servizos.gain@xunta.gal